Hipatia é a narración do equilibrio e a catástrofe do poema, a súa memoria e o seu esquecemento, de cómo quizais o poema xa nada desexa saber do seu autor e de cómo ese autor se ve desprazado contra os grandes arrabaldes da capital terras en transito, terras de ninguen os que trata de arrastrar o poema ou os que se ve arrastrado por este. Un poema que se articula na escision do suxeito creador, desde do dialogo case imposible entre a multiplicidade de voces do seu discurso e o masculino. Aqui o poema remite a todo o que queirades dunha beira ou doutra do mundo. E la transformacion e o que se metamorfosea de contino, o que atravesa a guerra ou o tempo sen se coñecer, sen a penas linguaxe: e o pobo, o marxinal, o cosmos, a aldea. Deus cae do lado feminino do real, o masculino seria o falo, a lingua... Asi, por veces se deborca cara o externo, cara a superficie, as veces como falsa promesa e violacion da sacralidade do escrito. Para min o importante e que o poema formula isto e trata dramaticamente de mostrar o existente, e dicir a sua diversidade. E nesta direccion Hipatia o relato dunha imposible historia de amor e da sua separacion, divorcio entre un cosmos-poema-planetario e o seu oposto en principio e final irreconciliable. Tratase dun poemario humanista e solidario que une temporalidade, politica e historia como se a lingua, como se o idioma fose o unico que poidese xa soportar a fragmentacion do cotian e o mesmo tempo unha intensa reflexion sobre o codigo poetico e a vez unha erotica do corpo e da palabra. O humano e mostrado como pulsion e o mundo como unha economia ou intercambio de pulsions. O desexo, o medo, o crime e a inocencia abren o texto, a creacion da lingua, e a lingua todo o demais asi como a denuncia, denuncia como sentimento e razon do seu despregue alegorico. Roubo do idioma, reduccion a silencio a esta categoria que, de forma acusadamente romantico-revolucionaria, non vacila o texto en denominar pobo. Roubar a identidade e roubar a linguaxe. Humillacionon esta e a historia da nacion e o poema non vacila en facerse cargo dela e asi non politicamente correcto senon, si, solidario. E preciso que diga ainda que non toca a sua estructura formal esta non se establece da beira esencialista da metafora ou do simbolo, senon mais ben da al
Ver más