HIPATIA: OU A IDADE DAS COUSAS

XERAIS - 9788483023020

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de HIPATIA: OU A IDADE DAS COUSAS

Hipatia é a narración do equilibrio e a catástrofe do poema, a súa memoria e o seu esquecemento, de cómo quizais o poema xa nada desexa saber do seu autor e de cómo ese autor se ve desprazado contra os grandes arrabaldes da capital �terras en tránsito, terras de ninguén� ós que trata de arrastrar o poema ou ós que se ve arrastrado por este. Un poema que se articula na escisión do suxeito creador, desde do diálogo case imposible entre a multiplicidade de voces do seu discurso e o masculino. Aquí o poema remite a todo o que queirades dunha beira ou doutra do mundo. E la transformación é o que se metamorfosea de contino, o que atravesa a guerra ou o tempo sen se coñecer, sen a penas linguaxe: é o �pobo�, o marxinal, o cosmos, a aldea. Deus cae do lado feminino do real, o masculino sería o falo, a lingua... Así, por veces se deborca cara ó externo, cara á superficie, ás veces como falsa promesa e violación da sacralidade do escrito. Para min o importante é que o poema formula isto e trata dramaticamente de mostrar o existente, é dicir a súa diversidade. É nesta dirección Hipatia o relato dunha imposible historia de amor e da súa separación, divorcio entre un cosmos-poema-planetario e o seu oposto en principio e final irreconciliable. Trátase dun poemario humanista e solidario que une temporalidade, política e historia �como se a lingua, como se o idioma fose o único que poidese xa soportar a fragmentación do cotián� e ó mesmo tempo unha intensa reflexión sobre o código poético e á vez unha erótica do corpo e da palabra. O humano é mostrado como pulsión e o mundo como unha economía ou intercambio de pulsións. O desexo, o medo, o crime e a inocencia abren o texto, á creación da lingua, e a lingua todo o demais así como a denuncia, denuncia como sentimento e razón do seu despregue alegórico. Roubo do idioma, reducción a silencio a esta categoría que, de forma acusadamente romántico-revolucionaria, non vacila o texto en denominar �pobo�. Roubar a identidade é roubar a linguaxe. Humillaciónón �esta é a historia da nación e o poema non vacila en facerse cargo dela� é así non politicamente correcto senón, si, solidario. É preciso que diga aínda que non toca a súa estructura formal esta non se establece da beira esencialista da metáfora ou do símbolo, senón máis ben da al

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483023020

Número de páginas: 87

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 15/05/2001

Año de edición: 1998

Plaza de edición: Vigo
Colección:
Ablativo Absoluto
Número: 000011

Especificaciones del producto



Escrito por Alfonso Pexegueiro


Alfonso Pexegueiro (Angoares, Ponteareas, 1948). Pertenceu o Grupo de comunicación poética Rompente. Como poeta ten publicado: ``Seraogna´´ (1976, Xerais 1997); ``Mar e naufraxio´´ (1978), Premio da Crítica Galicia; ``Circos de auga´´ (1979); ``O pabellón das hortensias azuis´´ (1983); ``A illa das mulleres loucas´´ (1984, 2004); ``¿Serán os cisnes que volven?´´ (Xerais 1994); ``Hipatia´´ (Xerais 1998); ``Blasfemias do silencio´´ (Xerais 2000). Como narrador publicou: ``Relatos pra salferir´´ (Xerais 1991); ``Fantasía (extracto) do xefe dos lagartos´´ (1982), ``Desatinos dun maldito´´ (Xerais 1991), ``Dados blancos´´ (2004) e ``O lago das garzas azuis´´ (1994, Xerais 2005).
Descubre más sobre Alfonso Pexegueiro
Recibe novedades de Alfonso Pexegueiro directamente en tu email

Opiniones sobre HIPATIA: OU A IDADE DAS COUSAS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana