En Blasfemias de silencio, Alfonso Pexegueiro recupera unha parte importante dos seus poemarios publicados entre Seraogna e Hipatia (colección Ablativo Absoluto, Xerais 1998): Mar e naufraxio (1978), Círculos de auga (1979) e O pavillón das hortensias azuis (1983). Tamén se inclúen os poemarios ¿Serán os cisnes que volven? (Xerais, 1995) e O Reiseñor dos Balcáns (1994). A poesía de Alfonso Pexegueiro é valorada de forma entusiasta por importantes personalidades do ámbito das letras e da sociedade:?Alfonso Pexegueiro é autor dalgúns dos poemas máis intensos deste século? X.L. Mendez Ferrín.?Aunando a procura estética ó compromiso ético os veros de Pexegueiro sacuden a conciencia de moita xente de boa vontade? Federico Mayor Zaragoza.?Paréceme moi interesante a túa poética na que o persoal e o coral se inter-relacionan dentro desa harmonía que só consegue a verdade literaria, cando integra literariamente outras verdades, incluso as éticas ou políticas. Despois do don de lle dar verosimilitude mesmo ás xeografías imaxinarias, proba de lume de Literatura como metáfora máis esixente? M. Vázquez Montalbán.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483025260
Número de páginas: 224
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 17/05/2001
Año de edición: 2000
Plaza de edición: Vigo
Peso: 100.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Alfonso Pexegueiro
Alfonso Pexegueiro (Angoares, Ponteareas, 1948). Pertenceu o Grupo de comunicación poética Rompente. Como poeta ten publicado: ``Seraogna´´ (1976, Xerais 1997); ``Mar e naufraxio´´ (1978), Premio da Crítica Galicia; ``Circos de auga´´ (1979); ``O pabellón das hortensias azuis´´ (1983); ``A illa das mulleres loucas´´ (1984, 2004); ``¿Serán os cisnes que volven?´´ (Xerais 1994); ``Hipatia´´ (Xerais 1998); ``Blasfemias do silencio´´ (Xerais 2000). Como narrador publicou: ``Relatos pra salferir´´ (Xerais 1991); ``Fantasía (extracto) do xefe dos lagartos´´ (1982), ``Desatinos dun maldito´´ (Xerais 1991), ``Dados blancos´´ (2004) e ``O lago das garzas azuis´´ (1994, Xerais 2005).