Carmen V. Valiña (Baio, A Coruña, 1985) é doutora en Historia Contemporánea, profesora na Universidade Europea Miguel de Cervantes (UEMC) e creadora e directora de PeriFéricas, Escola de feminismos alternativos (www.perifericas.es). Combina a investigación sobre a memoria das mulleres anónimas dos séculos XIX e XX cunha vertente como escritora de ficción onde as lembranzas, o mundo rural e a autobiografía teñen un peso notable. Escribiu e publicou sobre xornalistas españolas en Oriente Medio e sobre as emigrantes da Terra de Soneira en Suíza, pero dende 2021 as mulleres internas no manicomio de Conxo son as protagonistas absolutas da súa obra. En 2024 participou na Residencia Mariñán de Literatura e Pensamento e na Residencia Literaria da Illa de San Simón, que lle serviron para rematar este libro que agora tes entre mans.

Recibe novedades de Carmen V. Valiña directamente en tu email

Del 1 al 3 de 3
as tolas que non o eran-carmen v. valiña-9788411764094
Tapa blanda
AS TOLAS QUE NON O ERAN

Carmen V. Valiña

illa de sangue-carmen v. valiña-9788411765268
Tapa blanda
ILLA DE SANGUE

Carmen V. Valiña

las locas que no lo eran-carmen v. valiña-9788410476479
Tapa blanda
LAS LOCAS QUE NO LO ERAN

Carmen V. Valiña

Del 1 al 3 de 3