Lúa gris é unha busca da orientación nas viaxes polas tres dimensións do ser humano: o interior sentimental adentro; o físico, erotismo, corpo; o exterior revestido polo mundo, os 5 sentidos, afora. Da intimidade falase con delicadeza, da separacion ou do regreso ao amor. Querese falar coas palabras mais directas. Xa na "ars poetica" lemos a intencion: "dicir de cada cousa o intimo e necesario", a recordar a vontade dos haikus, por exemplo. Lua gris e unha busca do esencial das cousas que se ven e das que non se ven. Se fose cine imaxinoo como unha de Kieslowsky, con moitos silencios e uns ollos mirando. Porque e un libro visual, filmico, fotografico tamen, enfiando poemas mais ou menos curtos como coleccion narrativa de imaxes. E o exteriorismo a cidade, os fentos, a lua como recurso dunha poesia do cotian, urbana, da experiencia, ten na "casa" a referencia, o centro, o equilibrio da Cidade Melancolia. A casa que necesitamos. A orixe. A viaxe. Na viaxe, a min gustoume imaxinar horizontes de tempo, lendo as variacions sobre o tema mais universal dos temas universais (¿despois do amor?): o paso da vida. Durante a leitura de lua gris o efecto e extraño: a facilidade con que o lector pode asumir a experiencia vital da voz poetica. Ver como esa vida se pode apropiar de nos. E velai a proximidade comunicativa do libro. Lua gris e un poemario para sentir nosa a Elexia, as cousas que xa non temos. E hai poemas revitalizadores, frescos, como levar auga fria a cara. Galiza, Italia, Portugal... o mundo nos poemas visto polos ollos de alguen que chegou de lonxe e hoxe nos transmite a sua particular vision dos horizontes e das caras ocultas das emocions e das cousas, e nos axuda a coñecernos a nos e a coñecermos o mundo.