LUA GRIS

XERAIS - 9788483023877

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de LUA GRIS

Lúa gris é unha busca da orientación nas viaxes polas tres dimensións do ser humano: o interior sentimental adentro; o físico, erotismo, corpo; o exterior revestido polo mundo, os 5 sentidos, afora. Da intimidade fálase con delicadeza, da separación ou do regreso ao amor. Quérese falar coas palabras máis directas. Xa na "ars poetica" lemos a intención: "dicir de cada cousa o íntimo e necesario", a recordar a vontade dos haikus, por exemplo. Lúa gris é unha busca do esencial das cousas que se ven e das que non se ven. Se fose cine imaxínoo como unha de Kieslowsky, con moitos silencios e uns ollos mirando. Porque é un libro visual, fílmico, fotográfico tamén, enfiando poemas máis ou menos curtos como colección �narrativa� de imaxes. E o exteriorismo �a cidade, os fentos, a lúa� como recurso dunha poesía do cotián, urbana, da experiencia, ten na "casa" a referencia, o centro, o equilibrio da Cidade Melancolía. A casa que necesitamos. A orixe. A viaxe. Na viaxe, a min gustoume imaxinar horizontes de tempo, lendo as variacións sobre o tema máis universal dos temas universais (¿despois do amor?): o paso da vida. Durante a leitura de lúa gris o efecto é extraño: a facilidade con que o lector pode asumir a experiencia vital da voz poética. Ver como esa vida se pode apropiar de nós. E velaí a proximidade comunicativa do libro. Lúa gris é un poemario para sentir nosa a Elexía, as cousas que xa non temos. E hai poemas revitalizadores, frescos, como levar auga fría á cara. Galiza, Italia, Portugal... o mundo nos poemas visto polos ollos de alguén que chegou de lonxe e hoxe nos transmite a súa particular visión dos horizontes e das caras ocultas das emocións e das cousas, e nos axuda a coñecernos a nós e a coñecermos o mundo.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483023877

Número de páginas: 68

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 15/05/2001

Año de edición: 1999

Plaza de edición: Vigo

Colección:
Ablativo Absoluto

Número: 000015

Especificaciones del producto



Escrito por EDUARDO ESTEVEZ


Descubre más sobre EDUARDO ESTEVEZ
Recibe novedades de EDUARDO ESTEVEZ directamente en tu email

Opiniones sobre LUA GRIS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana