Vestir as plumas cando o vento Bartolo anda a facer trasnadas non é tarefa doada... Encarna é unha gaivotan tan presumida que leva un chisco de vermello no peteiro. Bartolo é un vento pillabán que bule tanto polos tellados que ninguen o ve. A Bartolo dalle por espir a Encarna de plumas, pero ela atopara o remedio para continuar a ser a gaivota mais guapa do tellado.