"...¡Non os coñecerei eu que ando a fozar nas cloacas todo o día! E mentres, estes pasan o tempo cruzados de brazos no paso de cebra e mirando para a outra beira. Présa, présa, ¡que présa van ter, ho! Se tivesen presa non ian andando, presa teñen eses que pasan caghando hostias e ainda por enriba estes queren que os paremos. A cruzar os brazos a lista do paro, caghendios, como fagho eu cando xa non hai mais merda que revolver, ainda que se e por merda hai para todos, ¡ai!, pero esa non a queren os señoritos, non, esa deixannola aos subcontratados e aos mouros, todos metidos no furado, e logo queixanse de que boten abaixo os edificios... E non van botar, que non che teñen puta idea, que nunca tal fixeran, ¡non ho!, aqui non fan falta avions nin terroristas, metenos a conducir escavadoras nas cloacas e ala se foi.¡Ala!, vannos invadir, ¡cagho nos patucos do neno Jesus!, que como non teño con quen falar, para mais ghaitas, paso todo o dia entre alis e mojames e como teño que explicarlles o choio, ainda aprenden o idioma grazas a min... Si, home si, mentres os nosos se dedican a invadir o pais deles ¡que van facer eles!, escapan para o noso que ainda que sexa entre as ratas polo menos vivese... Non cuspas ao ceo que che cae enriba, mandan tirar un millon de bombas onde os mojames por unha ghota de petroleo e logho...
Ver más