📗 Libro en gallego PASO DE CEBRA E SUCESOS

Edicións Laiovento, S.L. - 9788484870654

Literatura en gallego Teatro en gallego

Sinopsis de PASO DE CEBRA E SUCESOS

"...¡Non os coñecerei eu que ando a fozar nas cloacas todo o día! E mentres, estes pasan o tempo cruzados de brazos no paso de cebra e mirando para a outra beira. Présa, présa, ¡que présa van ter, ho! Se tivesen présa non ían andando, présa teñen eses que pasan caghando hostias e aínda por enriba estes queren que os paremos. A cruzar os brazos á lista do paro, caghendiós, como fagho eu cando xa non hai máis merda que revolver, aínda que se é por merda hai para todos, ¡ai!, pero esa non a queren os señoritos, non, esa déixannola aos subcontratados e aos mouros, todos metidos no furado, e logo quéixanse de que boten abaixo os edificios... E non van botar, que non che teñen puta idea, que nunca tal fixeran, ¡non ho!, aquí non fan falta avións nin terroristas, métenos a conducir escavadoras nas cloacas e alá se foi. ¡Alá!, vannos invadir, ¡cagho nos patucos do neno Jesús!, que como non teño con quen falar, para máis ghaitas, paso todo o día entre alís e mojamés e como teño que explicarlles o choio, aínda aprenden o idioma grazas a min... Si, home si, mentres os nosos se dedican a invadir o país deles ¡que van facer eles!, escapan para o noso que aínda que sexa entre as ratas polo menos vívese... Non cuspas ao ceo que che cae enriba, mandan tirar un millón de bombas onde os mojamés por unha ghota de petróleo e logho...

Ficha técnica


Editorial: Edicións Laiovento, S.L.

ISBN: 9788484870654

Idioma: Gallego

Número de páginas: 194
Tiempo de lectura:
4h 34m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 01/10/2004

Año de edición: 2004

Plaza de edición: Santiago de Compostela

Colección:
Teatro

Número: 192
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Gustavo Pernas Cora


Gustavo Pernas Cora (Viveiro, 1959) é licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1985 dedícase profesionalmente ao teatro, combinando traballos de actor en diferentes compañías co traballo de dirección e escrita dramática. Profesor de Guión e Teatro na Escola de Imaxe e Son da Coruña. En 1989 funda con Ánxela G. Abalo a compañía de teatro Ancora Produccións na que dirixe e interpreta os seus propios textos. Entre outras, estreou e publicou as seguintes obras: O Galego, a Mulata e o Negro; a triloxía Comedias Paranoicas (formada por Ladraremos, Fábula e Anatomía dun Hipocondríaco); Sucesos; Footing; Paso de Cebra; Final de Película; Medidas Preventivas; Taras Mínimas; ou a triloxía 3 Logomonos (formada por Colgados, Pisados e Snakizados). Recibiu, entre outros, os premios Max de las Artes Escénicas, Rafael Dieste, María Casares, Compostela, AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega), Roberto Vidal Bolaño e Maruxa Villanueva. Algunhas das súas obras foron publicadas ou estreadas en Francia, Portugal ou Uruguai.
Descubre más sobre Gustavo Pernas Cora
Recibe novedades de Gustavo Pernas Cora directamente en tu email

Opiniones sobre PASO DE CEBRA E SUCESOS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana