📗 Libro en gallego OS OLLOS DE VICTORINE E A CONSTRUCION DA CUARTA PAREDE

Edicións Laiovento, S.L. - 9788484870937

Historia del arte Historia general del arte

Sinopsis de OS OLLOS DE VICTORINE E A CONSTRUCION DA CUARTA PAREDE

O admirable do libro de Gustavo Pernas, ademais da suculenta análise que leva a cabo, nun excelente exercicio entre a crítica da cultura e a literatura comparada, radica en que tece o seu relato como se fose unha obra teatral. Dalgunha maneira, a súa envexable carreira como dramaturgo está detrás desta proposta de lectura da Modernidade. Un coro narrador, no que vai concitando aquelas voces máis sobranceiras da reflexión sobre a arte, desde Susan Sontag a Edgar Morin, desde Benjamin a Eugenio Trías, desde Gombrich a Duvergier... leva a cabo a representación sobre o pano de fondo deste Dèjeuner sur l’herbe do que tan pouco sabiamos. Quen son esas persoas?, a que se dedican?, e, máis concretamente, quen é ela?, por que me mira?. O coro, esa escura masa de voces que son sombras, vai facendo as súas preguntas, erguendo as súas incógnitas, contestando as que pode ou certificando os seus enigmas. E o relato flúe, como en Sófocles, á procura dunha anagnórise final, ese momento en que os protagonistas desvelan as súas sombras e asistimos á revelación, ese tecnicismo fotográfico que significa iluminación, proxección de luz sobre un negativo para positivalo. Unha revelación que é, neste caso, crítica da cultura, da arte, da historia.Animo, pois, ao lector a que se introduza no harmonioso labirinto destas páxinas para pro...

Ficha técnica


Editorial: Edicións Laiovento, S.L.

ISBN: 9788484870937

Idioma: Gallego

Número de páginas: 160

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 01/07/2006

Año de edición: 2006

Plaza de edición: Santiago de Compostela

Colección:
Ensaio

Número: 206
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Gustavo Pernas Cora


Gustavo Pernas Cora (Viveiro, 1959) é licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1985 dedícase profesionalmente ao teatro, combinando traballos de actor en diferentes compañías co traballo de dirección e escrita dramática. Profesor de Guión e Teatro na Escola de Imaxe e Son da Coruña. En 1989 funda con Ánxela G. Abalo a compañía de teatro Ancora Produccións na que dirixe e interpreta os seus propios textos. Entre outras, estreou e publicou as seguintes obras: O Galego, a Mulata e o Negro; a triloxía Comedias Paranoicas (formada por Ladraremos, Fábula e Anatomía dun Hipocondríaco); Sucesos; Footing; Paso de Cebra; Final de Película; Medidas Preventivas; Taras Mínimas; ou a triloxía 3 Logomonos (formada por Colgados, Pisados e Snakizados). Recibiu, entre outros, os premios Max de las Artes Escénicas, Rafael Dieste, María Casares, Compostela, AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega), Roberto Vidal Bolaño e Maruxa Villanueva. Algunhas das súas obras foron publicadas ou estreadas en Francia, Portugal ou Uruguai.
Descubre más sobre Gustavo Pernas Cora
Recibe novedades de Gustavo Pernas Cora directamente en tu email

Opiniones sobre OS OLLOS DE VICTORINE E A CONSTRUCION DA CUARTA PAREDE


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana