Isabel Freire Bazarra é coruñesa, licenciada en Filoloxía Hispánica e xornalista. Dende outubro de 2005 é a xefa de comunicación e protocolo da Radio e Televisión de Galicia. Como autora de literatura infantil é autora da serie protagonizada por Glub, da que ata o momento apareceron os seguintes títulos: Glub contra Blef (1999), Un susto para Glub (2001) e Glub, o incrible peixe bala (Xerais Merlín 2006). Publicou, ademais, a novela Sopa de marsopa (Xerais Merlín 2008), na que se dá a coñecer o detective Bilbo Bons.
Recibe novedades de ISABEL FREIRE directamente en tu email
Un caramelo de menta, unha mentiriña, unha palabra desaprecida...Baltasar queda durmido no sofá da casa de Nela e non hai quen o esperte. Corre perigo a noite dos Reis Magos?. Nela vai aprender a responsabilizarse dos seus actos nesta historia chea de humor e complicidade entre unha nena de oito anos e as Suas Maxestades, os Magos de Oriente.
Roncudo Lor, comisario xefe de policía, e Bilbo Bons, o máis grande, espilido e gracioso detective da historia, aínda que ninguén o coñeza, investigarán a desaparición repentina de Anciñas, unha marsopa do zoo da sua cidade.Aquel caso da marsopa desaparecida foi o primeiro traballo de Bilbo Bons, un detective baixo e gordiño a quen lle encanta meter o nariz en todas partes. Sopa de marsopa de Isabel Freire, novela ilustrada por Jon Puga, e a presentacion do personaxe de Bilbo Bons, un detective que dara moito que falar.Roncudo Lor, comisario xefe de policía, e Bilbo Bons, o máis grande, espilido e gracioso detective da historia, aínda que ninguén o coñeza, investigarán a desaparición repentina de Anciñas, unha marsopa do zoo da sua cidade.Aquel caso da marsopa desaparecida foi o primeiro traballo de Bilbo Bons, un detective baixo e gordiño a quen lle encanta meter o nariz en todas partes. Sopa de marsopa de Isabel Freire, novela ilustrada por Jon Puga, e a presentacion do personaxe de Bilbo Bons, un detective que dara moito que falar.
Glub, un peixe molón de cor laranxa e unha manchiña marrón no lombo que o facía diferente, vivía quentiño e feliz con outros moitos peixes de cores no acuario de David. No día en que estaban preparando a festa de aniversario do seu dono, unha das suas amigas regaloulle unha enorme bola de cristal que deixaron pegada ao acuario. Naquela bola choraba as suas soidades unha peixiña sen compañia. Glub, o incrible peixe bala, quere dar un chimpo e chegar onda ela para facerlle compañia. ¿Sera capaz de conseguilo?Glub, o incrible peixe bala, escrito por Isabel Freire e ilustrado por Xan Lopez Dominguez, e un fermoso conto de animais, cheo de humor, sobre os valores da amizade e o amor.Glub, un peixe molón de cor laranxa e unha manchiña marrón no lombo que o facía diferente, vivía quentiño e feliz con outros moitos peixes de cores no acuario de David. No día en que estaban preparando a festa de aniversario do seu dono, unha das suas amigas regaloulle unha enorme bola de cristal que deixaron pegada ao acuario. Naquela bola choraba as suas soidades unha peixiña sen compañia. Glub, o incrible peixe bala, quere dar un chimpo e chegar onda ela para facerlle compañia. ¿Sera capaz de conseguilo?Glub, o incrible peixe bala, escrito por Isabel Freire e ilustrado por Xan Lopez Dominguez, e un fermoso conto de animais, cheo de humor, sobre os valores da amizade e o amor.