A Princesa do Caurel é un conto acumulativo clásico, mais cun desenlace e cunha forma de presentación adaptados, que recupera os elementos máis típicos das series que aparecen na tradición europea: gato, can, pau, lume, auga Con este tipo de contos, os nenos aprenden a establecer conexions, e a partir de ai, a xeneralizaren e mesmo a faceren predicions.A personaxe que lle da titulo a obra, vai aparecer nomeada de forma indirecta ao longo de toda a narracion. Por exemplo, a unha frase curta Esta e a pega que roubou o anel da princesa do Caurel, vanse engadindo dun xeito sistematico, outras novas. Desta maneira, o elemento desaparecido convertese no fio condutor da historia, e no que propicia o desenlace feliz. Tamen con el, pechase o ciclo de maneira circular, e restablecese a orde do principio do conto: Este e o pastor que atopou o anel e gañou un bico da Princesa do Caurel. Por ultimo, a repeticion dos sucesos, facilita a memorizacion do texto.En moitas versions, a acumulacion termina coa representacion da morte, de moi variadas formas (coitelo, carniceiro). Poren, mais similares a esta son as series atopadas noutros contos de formula do norte de Europa: cofre, chave, corda, rato, gato, pau, machada, ferreiro En todos estes relatos, a rapidez da accion facilita o seguimento da secuencia, e para alen diso, a transicion duns acontecementos a outros, producese dun xeito que provoca curiosidade e atrae o interese do receptor. Caracteristicas todas que contribuen ao desenvolvemento de capacidades, como a comprension, a imaxinacion ou o sentido estetico.
Ver más