¡Vaya! Ahora no tenemos el libro en esa edición, quizá te interese alguna de estas otras


📗 Libro en gallego A PRINCESA DO CAUREL

OQO Editora - 9788496573529

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de A PRINCESA DO CAUREL

A Princesa do Caurel é un conto acumulativo clásico, mais cun desenlace e cunha forma de presentación adaptados, que recupera os elementos máis típicos das series que aparecen na tradición europea: gato, can, pau, lume, auga… Con este tipo de contos, os nenos aprenden a establecer conexións, e a partir de aí, a xeneralizaren e mesmo a faceren predicións.A personaxe que lle dá título á obra, vai aparecer nomeada de forma indirecta ao longo de toda a narración. Por exemplo, a unha frase curta «Esta é a pega que roubou o anel da princesa do Caurel», vanse engadindo dun xeito sistemático, outras novas. Desta maneira, o elemento desaparecido convértese no fío condutor da historia, e no que propicia o desenlace feliz. Tamén con el, péchase o ciclo de maneira circular, e restablécese a orde do principio do conto: «Este é o pastor que atopou o anel e gañou un bico da Princesa do Caurel». Por último, a repetición dos sucesos, facilita a memorización do texto.En moitas versións, a acumulación termina coa representación da morte, de moi variadas formas (coitelo, carniceiro…). Porén, máis similares a esta son as series atopadas noutros contos de fórmula do norte de Europa: cofre, chave, corda, rato, gato, pau, machada, ferreiro… En todos estes relatos, a rapidez da acción facilita o seguimento da secuencia, e para alén diso, a transición duns acontecementos a outros, prodúcese dun xeito que provoca curiosidade e atrae o interese do receptor. Características todas que contribúen ao desenvolvemento de capacidades, como a comprensión, a imaxinación ou o sentido estético.

Ficha técnica


Ilustrador: Javier Solchaga Zubillaga

Editorial: Oqo Editora

ISBN: 9788496573529

Idioma: Gallego

Número de páginas: 36

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 16/05/2016

Año de edición: 2016

Plaza de edición: Es

Colección:
colección O

Alto: 23.0 cm
Ancho: 25.0 cm
Grueso: 1.0 cm
Peso: 470.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por JAVIER SOLCHAGA


Descubre más sobre JAVIER SOLCHAGA
Recibe novedades de JAVIER SOLCHAGA directamente en tu email

Opiniones sobre A PRINCESA DO CAUREL


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana