O escritor e poeta ourensán Alberto Pascual Carballo e José Antonio Ocaña Martínez, recoñecido pintor e escultor galego afincado en Madrid, colaboraron estreitamente para facer A neve do tempo, un libro de arte, moi singularmente no panorama editorial e artistico galegos. Para o critico J. Carlos Garcia Alia membro da Unione Internazionale degli Instituti di Archologia, Storia e Storia dell'arte in Roma, ambos os dous autores forxaron un valioso libro de artista por cuxas paxinas despregan un fermoso espazo dual e equilibrado co que, a proposito do amor, a terra, a vida e a morte, as dubidas, encamiñan ao lector ao goce analoxico de duas artes orixinais que, en lugar de contrapoñeerse, se dan a man: os sentidos poemas de Pascual, e las suxestivas pinturas de Ocaña realizadas con lapis de cor, acrilico e impresions dixitais. A xa vedraña relacion pintura-poesia, que clava as suas raices na antiguidade, coas noticias reveladas por Simonides de Ceos (V a.C), Aristoteles (IV a.C.) ou Plutarco (II y I a.C.), patentadas na ut pictura poesis de Horacio (I a.C.); a inflexion do Laooconte de Lessing (1776), e a subseguiente ambivalencia sobre os limites interartisticos argumentadas durante seculos posteriores (Gombrich, Winesatt, Mitchell, etc.), renace nesta orixinal composicion na que, como albisca Alfonso Palomares, o prologuista, lonxe do tipico libro no que se ilustran uns poemas ou se rima a partir dunha iconografia, Ocaña e Pascual concatenan linguaxes autonomas nas que xurde harmonicamente un mesmo sentir nesta creacion. Os propios artistas veñen conferir que este traballo, realizado de manera independente por cada un, conflue ao xeito dunha percepcion do visible e o sensible a traves dunha vertente xanica pintura y poesia, cal virtual ambivalencia, mais cunha soa moeda: albiscar un retrinco de arte no que entre duas verbas se desangra A neve do te
Ver más