KIKO DA SILVA


Kiko da Silva (Vigo, 1979). Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, historietista, ilustrador e director editorial galego. Con tan só 16 anos publicou o seu primeiro libro ilustrado e empezou a traballar como humorista gráfico no diario «La Voz de Galicia». Un ano despois recibiría o Premio Ourense de Banda Deseñada ao mellor autor afeccionado. Como ilustrador, o seu traballo pódese atopar en títulos como «Laia, a nena da illa» (Xerais 2006), «Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis», «A memoria das árbores», «Moncho e a mancha», «¿Que contan as ovellas para durmir?» ou «Orestes perde o sentido!» (Xerais 2019). En 2001 fundou, xunto co libreiro pontevedrés Cano Paz, a revista «BD Banda» e en 2007 lanzaría a revista satírica en galego «Retranca». Tamén foi o creador da revista infantil «Fiz», inspirada na banda deseñada da súa autoría «Fiz nos biosbardos» (2005), despois da cal publicou o álbum «Fiz, o neno máis porco do mundo» (2011), personaxe que protagoniza tamén o curso de banda deseñada «Aprende banda deseñada con Fiz» (Xerais 2019). Entre os seus proxectos máis ambiciosos figura a creación en 2012 da primeira escola profesional de cómic e ilustración de Galicia, O Garaxe Hermético, onde exerce como director e profesor. Na actualidade segue inmerso na produción da súa próxima novela gráfica, «Baixo a sombra das pedras flotantes.
Recibe novedades de KIKO DA SILVA directamente en tu email
Del 1 al 10 de 10
EL INFIERNO DEL DIBUJANTE

DIBBUKS 9788415850809


QUE CONTAN AS OVELLAS PARA DURMIR ?

Editorial Galaxia, S.A. 9788491511007


FIZ: CURSO DE COMIC

DIBBUKS 9788416507788


O HUMOR NON ENGORDA

BIBLOS 9788493560997


VERNE IMAXINADO

DIP. PROV. DE PONTEVEDRA 9788484574538


INTRATERRA

DIP. PROV. DE PONTEVEDRA 9788484574859


O PICOTO DO PAI

DIP. PROV. DE PONTEVEDRA 9788484574743


FIZ NOS BIOSBARDOS

KALANDRAKA EDITORA, S.L. 9788484646006


¿QUE CONTAN AS OVELLAS PARA DURMIR?

GALAXIA 9788482887234


APRENDE BANDA DESEÑADA CON FIZ

Edicións Xerais 9788491214939


Del 1 al 10 de 10