📗 Libro en gallego ¿QUE CONTAN AS OVELLAS PARA DURMIR?

GALAXIA - 9788482887234

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de ¿QUE CONTAN AS OVELLAS PARA DURMIR?

Incluído na lista White Ravens 2005

Averigua que fai unha ovella cando non lle entra o sono…

Todos sabemos o que hai que facer cando o sono no vén: contamos ovellas. Pero, ¿que contan as ovellas cando queren durmir? Velaquí a pregunta que se fixo Bee, unha ovella branca coma unha nube de leite dentro dun rabaño de ovellas negras coma o café. E ti, ¿sabes o que contan as ovellas para durmir? Se les este libro sairás de dúbidas.

Ficha técnica


Editorial: Galaxia

ISBN: 9788482887234

Idioma: Gallego

Número de páginas: 32

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 04/08/2004

Año de edición: 2004

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por KIKO DA SILVA


Kiko da Silva (Vigo, 1979). Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, historietista, ilustrador e director editorial galego. Con tan só 16 anos publicou o seu primeiro libro ilustrado e empezou a traballar como humorista gráfico no diario «La Voz de Galicia». Un ano despois recibiría o Premio Ourense de Banda Deseñada ao mellor autor afeccionado. Como ilustrador, o seu traballo pódese atopar en títulos como «Laia, a nena da illa» (Xerais 2006), «Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis», «A memoria das árbores», «Moncho e a mancha», «¿Que contan as ovellas para durmir?» ou «Orestes perde o sentido!» (Xerais 2019). En 2001 fundou, xunto co libreiro pontevedrés Cano Paz, a revista «BD Banda» e en 2007 lanzaría a revista satírica en galego «Retranca». Tamén foi o creador da revista infantil «Fiz», inspirada na banda deseñada da súa autoría «Fiz nos biosbardos» (2005), despois da cal publicou o álbum «Fiz, o neno máis porco do mundo» (2011), personaxe que protagoniza tamén o curso de banda deseñada «Aprende banda deseñada con Fiz» (Xerais 2019). Entre os seus proxectos máis ambiciosos figura a creación en 2012 da primeira escola profesional de cómic e ilustración de Galicia, O Garaxe Hermético, onde exerce como director e profesor. Na actualidade segue inmerso na produción da súa próxima novela gráfica, «Baixo a sombra das pedras flotantes.
Descubre más sobre KIKO DA SILVA
Recibe novedades de KIKO DA SILVA directamente en tu email

Opiniones sobre ¿QUE CONTAN AS OVELLAS PARA DURMIR?


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana