Marcos Valcárcel


MARCOS VALCÁRCEL (Ourense, 1958-2010), foi doutor en Historia Contemporánea, é catedrático de Lingua e Literatura Galegas. O seu traballo de investigación centrouse na historia política do galeguismo en relación con Ourense e a historia cultural da cidade: A prensa en Ourense e a súa provincia (1987); Ramón Otero Pedrayo. Vida, obra e pensamento (1988); A cidade da Xeración Nós (1996); Pé das Burgas. Estudios de historia, literatura e xornalismo (1998); «Ourense, a gran cidade literaria», en A memoria de Ourense (1999); Ourense, craro río, verde sol. A cidade na voz dos seus poetas (2001); Carlos Casares, punto de encontro (2002); etc. Publicou ademais Xoaquín Lorenzo. Vida e obra (Xerais, 2004) e preparou a edición da Poesía en galego de Antón Tovar (2005). Foi membro correspondente da RAG, formou parte das Fundacións Carlos Casares e Curros Enríquez e dirixiu a sección de Literatura do Liceo de Ourense. Colaborou nos xornais La Región e Galicia Hoxe. Foi autor do blog as uvas na solaina (http://asuvasnasolaina.blogspot.com).
Recibe novedades de MARCOS VALCARCEL directamente en tu email
Del 1 al 10 de 10
HISTORIA DE OURENSE

Edicións Xerais 9788497828932


XESUS FERRO COUSELO 1906-1975: UNHA FOTOBIOGRAFIA

XERAIS 9788475079783


ELADIO RODRIGUEZ: VIDA E OBRA

XERAIS 9788483026205


A MEMORIA DE OURENSE

XERAIS 9788483024720


DOS AÑOS DE AGITACION POLITICA BASILIO ALVAREZ

DO CASTRO 9788474925487


XOAQUIN LORENZO: VIDA E OBRA (LETRAS GALEGAS 2004)

XERAIS 9788497821124


XOAQUIN LORENZO

Edicións Xerais 9788497821230


RAMON OTERO PEDRAYO

QUINTANA GARRIDO, XOSE RAMON y Marcos Valcárcel

Editorial Galaxia, S.A. 9788491517757


RAMON OTERO PEDRAYO

QUINTANA, X.R. y Marcos Valcárcel

IR INDO EDICIONS, S.A. 9788476800010


RAMON OTERO PEDRO: VIDA, OBRA E PENSAMENTO

QUINTANA, XOSE RAMON y Marcos Valcárcel

IR INDO 9788476800065


Del 1 al 10 de 10