Un volume no que se realiza un completo percorrido biográfico sobre a figura ho-menaxeada no Día das Letras Galegas 2001. Unha análise detallada da súa obra lírica, xornalística e da súa contribución lexicográfica, recollida no monumental Diccionario Enciclopédico Gallego-Castellano. Neste volume, preparado polo profesor Marcos Valcárcel, analízase a súa obra literaria no contexto do seu tempo histórico e as súas aportacións dende o xornalismo galego, especialmente en El Noroeste da Coruña, e desde a presidencia da Real Academia Galega, onde fixo un labor regaleguizador moi relevante. Ademais estúdiase a súa obra como lexicógrafo, "apañando" de vagar novas palabras e ditos populares ata dar cabo ó seu Diccionario Enciclopédico Gallego-Castellano, obra póstuma en tres tomos (1958-1962), auténtico tesouro sobre a nosa fala popular que foi tamén fonte fundamental de enriquecimento lingüístico para todos os nosos escritores desde a súa publicación e que, de seu, xustifica o mías que merecido recoñecemento que Galicia lle dedica.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483026205
Número de páginas: 96
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 27/04/2001
Año de edición: 2001
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Letras Galegas
Letras Galegas
Número: 0001
Especificaciones del producto
Escrito por Marcos Valcárcel
MARCOS VALCÁRCEL (Ourense, 1958-2010), foi doutor en Historia Contemporánea, é catedrático de Lingua e Literatura Galegas. O seu traballo de investigación centrouse na historia política do galeguismo en relación con Ourense e a historia cultural da cidade: A prensa en Ourense e a súa provincia (1987); Ramón Otero Pedrayo. Vida, obra e pensamento (1988); A cidade da Xeración Nós (1996); Pé das Burgas. Estudios de historia, literatura e xornalismo (1998); «Ourense, a gran cidade literaria», en A memoria de Ourense (1999); Ourense, craro río, verde sol. A cidade na voz dos seus poetas (2001); Carlos Casares, punto de encontro (2002); etc. Publicou ademais Xoaquín Lorenzo. Vida e obra (Xerais, 2004) e preparou a edición da Poesía en galego de Antón Tovar (2005). Foi membro correspondente da RAG, formou parte das Fundacións Carlos Casares e Curros Enríquez e dirixiu a sección de Literatura do Liceo de Ourense. Colaborou nos xornais La Región e Galicia Hoxe. Foi autor do blog as uvas na solaina (http://asuvasnasolaina.blogspot.com).