Xogando cos sons é un programa de estimulación e reeducación fonética que nace coa finalidade de proporcionar un material práctico para traballar, dende unha perspectiva lúdica, as dificultades articulatorias en lingua galega. A traves de diversos personaxes, contos, cancions, ladaiñas... traballase a capacidade articulatoria do alumnado de Infantil e Primaria, previndo e corrixindo as dislalias e trastornos fonoloxicos que estes poidan presentar. o programa favorece o desenvolvemento da conciencia fonoloxica, achegando o alumnado aos procesos de lectura e escritura. Cadernos do alumnado O material para o alumnado consta de fichas de traballo para que o/a neno/a vaia adquirindo o fonema nas distintas fases de desenvolvemento do programa. Cunha metodoloxia que parte dun enfoque globalizado e ludico, artellase a reeducacion da cada un dos 10 fonemas a traves dun personaxe, que guia todas as actividades e serve de elemento motivador durante o proceso de adquisicion do son. Manual do profesorado Proposta didactica para a correcta aplicacion do programa, con taboas para avaliar e rexistrar o avance na adquisicion do fonema. Un conto ilustrado e locutado, protagonizado por un personaxe que emite o son, e o fio condutor que guia todos os exercicios que se propoñen para a adquisicion dos fonemas por parte do alumnado: praxias bucofaciais, exercicios de sopro, posicion tipo do fonema, emision do fonema, onomatopeas, representacion grafica do fonema, repeticion de silabas, repeticion de palabras, repeticion de frases, repeticion de textos curtos (ladaiñas e trabalinguas), tactos, xogos de xeneralizacion do fonem CD ROM: Inclue 10 cancions e as locucions dos 10 contos, unha cancion e un conto por cada fonema. Ademais, tamen se ofrecen 30 laminas para seren proxectadas en pantalla. Laminas: 30 laminas que se ofrecen para traballar o correspondente fonema. Lotos: Lotos foneticos con todas as imaxes empregadas no programa cos fonemas correspondentes na parte posterior.