Miro Villar


Miro Villar (Cee, 1965). Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada coa Tese A poesía galega de Antón Zapata García. Edición e estudo. Profesor de lingua e literatura galegas, poeta, narrador, tradutor e crítico literario en diversas revistas. Formou parte do Batallón Literario da Costa da Morte e como poeta publicou Ausencias pretéritas (1992), 42 décimas de febre (1994), Abecedario da desolación (1997; premio Tívoli-Europa 1998), Equinoccio de primavera (1998; finalista do premio Tívoli-Europa 1999), Gameleiros (Xerais, 2002, co fotógrafo Manuel Álvarez) e As crebas (2011; premio Concello de Carral, 2010). Poemas seus foron traducidos ao castelán, portugués, italiano, francés, alemán, inglés, alemán, ruso, albanés e serbo-croata en Il cammino di Santiago. La giovane poesia d'europa nel 1997. Tamén figuran en numerosas revistas literarias, nos cartapacios colectivos Ao mar de adentro (1989) e A rota dos baleeiros (1991), e en varias antoloxías das que Xerais publicou Para saír do século (1997), Río de son e vento (1999), A tribo das baleas (2001), 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez (2001) e Homenaxe dos poetas galegos a Federico García Lorca contra a súa morte (2006). Tamén publicou narrativa e literatura infantil e xuvenil, con O nariz de Fiz (2009), A cobiza do verme Noel (2011), Rebelión na charca (2012) e en Xerais a serie Carlota, a marmota (2000), Carlota e a bota perdida (2003) e Carlota e a gaivota patiamarela (2006). Como narrador recibiu nos anos 1985 e 1987 o premio de relato curto Modesto R. FigueiredoPatronato Pedrón de Ouro por “Augas de silencio” e “Verbas cruzadas con Amaranta” (1987/1988) e a Curuxa Literaria do Museo do Humor de Fene. E no eido do ensaio é autor de varias edicións críticas ou comentadas, como a Antoloxía poética de Gonzalo López Abente (1995), Unha lectura de O soño sulagado (1998), Roberto Blanco Torres. Orballo ...
Recibe novedades de MIRO VILLAR directamente en tu email
Del 1 al 19 de 19
42 DECIMAS DE FEBRE

AUTOR-EDITOR 9788460508854


DE PONDAL AO BATALLON LITERARIO (120 ANOS DE POESIA)

SOTELO BLANCO EDICIONS 9788478245758


ANTON ZAPATA GARCIA.BIOGRAFIA DUN POETA EMIGRADO AO SERVIZO DA II REPUBLICA

LAIOVENTO 9788484871576


DORNA SAUDAL. POEMAS DO MAR E LEXICO MARIÑEIRO

EDICIONS FERVENZA 9788417094072


REBELION NA CHARCA

SOTELO BLANCO EDICIONS 9788478246182


AS CREBAS

ESPIRAL MAIOR 9788492646579


A COBIZA DO VERME NOEL

Editorial Galaxia, S.A. 9788498652758


A FANTASMA DA CASA DA MATANZA

BIBLOS CLUBE DE LECTORES 9788415086420


O NARIZ DE FIZ

Editorial Galaxia, S.A. 9788491515548


FLORENCIO DELGADO GURRIARAN

Edicións Xerais 9788411100472

Ver más ediciones

A POESIA GALEGA DE XERVASIO PAZ LESTON: EDICION E ESTUDIO

DO CASTRO 9788474929065


GAMELEIROS

Edicións Xerais 9788483028391


CARLOTA, A MARMOTA

XERAIS 9788483025703


EQUINOCCIO DE PRIMAVERA

EDICIONES DE LA SOCIEDAD DE CULTURA 9788486046910


CARLOTA E A GAIVOTA PATIAMARELA

Edicións Xerais 9788497824224


AUSENCIAS PRETERITAS

ESPIRAL MAIOR 9788488137036


GUERRA CIVIL (1936-1939) E LITERATURA GALEGA

CONSELLO DA CULTURA GALEGA 9788495415004


CARLOTA E A BOTA PERDIDA

Edicións Xerais 9788483028605


ORBALLO DA MEDIA NOITE (LETRAS GALEGAS 1999)

BLANCO TORRES, ALBERTO y Miro Villar

XERAIS 9788483023358


Del 1 al 19 de 19