📗 Libro en gallego EQUINOCCIO DE PRIMAVERA

EDICIONES DE LA SOCIEDAD DE CULTURA - 9788486046910

Poesía Poesía contemporánea española del XIX al XXI

Ficha técnica


Editorial: Ediciones de la Sociedad de Cultura

ISBN: 9788486046910

Idioma: Gallego

Número de páginas: 68

Encuadernación: Tapa blanda

Año de edición: 1998

Plaza de edición: Ferrol
Alto: 21.0 cm
Ancho: 15.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Miro Villar


Miro Villar (Cee, 1965). Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada coa Tese A poesía galega de Antón Zapata García. Edición e estudo. Profesor de lingua e literatura galegas, poeta, narrador, tradutor e crítico literario en diversas revistas. Formou parte do Batallón Literario da Costa da Morte e como poeta publicou Ausencias pretéritas (1992), 42 décimas de febre (1994), Abecedario da desolación (1997; premio Tívoli-Europa 1998), Equinoccio de primavera (1998; finalista do premio Tívoli-Europa 1999), Gameleiros (Xerais, 2002, co fotógrafo Manuel Álvarez) e As crebas (2011; premio Concello de Carral, 2010). Poemas seus foron traducidos ao castelán, portugués, italiano, francés, alemán, inglés, alemán, ruso, albanés e serbo-croata en Il cammino di Santiago. La giovane poesia d'europa nel 1997. Tamén figuran en numerosas revistas literarias, nos cartapacios colectivos Ao mar de adentro (1989) e A rota dos baleeiros (1991), e en varias antoloxías das que Xerais publicou Para saír do século (1997), Río de son e vento (1999), A tribo das baleas (2001), 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez (2001) e Homenaxe dos poetas galegos a Federico García Lorca contra a súa morte (2006). Tamén publicou narrativa e literatura infantil e xuvenil, con O nariz de Fiz (2009), A cobiza do verme Noel (2011), Rebelión na charca (2012) e en Xerais a serie Carlota, a marmota (2000), Carlota e a bota perdida (2003) e Carlota e a gaivota patiamarela (2006). Como narrador recibiu nos anos 1985 e 1987 o premio de relato curto Modesto R. FigueiredoPatronato Pedrón de Ouro por "Augas de silencio" e "Verbas cruzadas con Amaranta" (1987/1988) e a Curuxa Literaria do Museo do Humor de Fene. E no eido do ensaio é autor de varias edicións críticas ou comentadas, como a Antoloxía poética de Gonzalo López Abente (1995), Unha lectura de O soño sulagado (1998), Roberto Blanco Torres. Orballo da medianoite (Xerais, 1998), A poesía galega de Xervasio Paz Lestón (1998), Indo para máis perto. A señardade no puño de Alexandre Cribeiro (Xerais, 2004), A roseira da soidade de Antón Zapata García (Xerais, 2005), Poesía galega completa e textos en prosa de Emilio Álvarez Blázquez (2005) ou Bretemada de Gonzalo López Abente (2011), alén de ser coautor dos volumes de Publicacións periódicas e Obras no Diccionario da Literatura Galega (1997/1999) e, xunto a Xesús Alonso Montero, dos Textos e documentos para o congreso sobre García Lorca (1998).
Descubre más sobre Miro Villar
Recibe novedades de Miro Villar directamente en tu email

Opiniones sobre EQUINOCCIO DE PRIMAVERA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana