Con este título irrompe Oriana Méndez na poesía galega do século XXI.De sorprendente madureza, esta obra aborda o texto poético como ferramenta de demolición da usura, como conflito sen resolver, como sinal de posta en marcha. Valendose da ironia contra os fosiles liricos do noso tempo, a autora disecciona a experiencia da posmodernidade, abre tuneles na metropole continua que habitamos. E tensa o verso, confronta o seu sentido da beleza, profundo e inquisitivo, coa esixencia de franquear os pasos para a mobilizacion.
Tempo final e, tamén, comezo de todas as cousas. Os poemas non pretenden a reconstrución dos feitos nin a historia íntima da súa podremia os feitos son representados na súa súbita aparición: fragmentados, dispersos ou tamén expandidos. cero desconfía do debuxo concluído, quizais por iso é unha indagación permanente sobre o centro mesmo dos significados.