Unha visión do home desde a mirada cálida–non se trata só dunha desmitificación–dunha escritora cubana que nos ofrece unha perspectiva diferente.
Paquita Armas transmítenos con paixón o deslumbramen
Carlos Marx cumpre 200 anos o 5 de maio do 2018. E cúmpreos porque segue vivo, aínda que o mesmo soltase unha sonora gargallada se alguén lle predicira que dous séculos despois sería un home polémico.Amado e odiado no planeta Terra, foi segundo unha enquisa (coa marxe de erro que ten calquera) o home mais publicado no milenio e por iso e polo que se lle concede o primeiro lugar entre os homo sapiens.A sua obra cume O Capital e un dos libros mais comercializados da historia humana, malia que non creo sexa entendido por todos os que lean esa monumental obra, hoxe usada como bibliografia o mesmo en Harvard que nunha pequena escola da Patagonia.Terxiversado, levado a dogma, no propio seculo XIX dicia Todo o que sei e que eu non son marxistao. O corpo teorico desta filosofia estivo en crise desde o seu nacemento, pero nunca foi quebrantado, ainda que a sua revision cara a esquerda ou a dereita levou a que unha boa parte dos terricolas explorados, marxinados e ata escravizados ainda hoxe, non entendan que esa teoria sustenta a liberacion de todos a partir de que se elimine a plusvalia.Dese home e a sua contorna, como un acto confeso de amor, trata o libro que o lector ten nas suas mans: Carlos Marx, o eterno rebelde, que foi publicado por Edicions Laiovento en 1996, baixo o titulo Mouro, o eterno rebelde.