Valentín Arias Membro fundador en 1984 da Asociación de Tradutores Galegos, da que ocupou a presidencia. A súa figura revalorizou coma ninguén o papel da tradución no ámbito editorial en Galicia. O seu labor como tradutor recibiu numerosos recoñecementos como o premio Ramón Cabanillas de Tradución, o Premio de Tradución Xuvenil do Ministerio de Cultura e o Premio de Tradución Plácido Castro. Ao seu criterio rigoroso debemos a revisión de boa parte dos cen primeiros títulos publicados por Xerais, a redacción dalgúns dos primeiros libros de texto para o ensino do Coñecemento do Medio en Educación Primaria e a tradución de moitos dos títulos das primeiras coleccións infantís da editorial, Arroás, Xabarín e O rato Pérez . Traduciu a autores como Verne (A volta ao mundo en 80 días, Viaxe ao centro da Terra) , Le Clézio (Mondo e outras historias), Saint-Exupéry (Voo de noite), Duras (O xardín), Ricardo Mella (Lombroso e os anarquistas). Preparou as versións galegas de libros de investigación como A guerrilla antifranquista en Galicia de Heine, Diego Xelmírez de Biggs ou Os galeóns de Rande de Stenuit.
Recibe novedades de VALENTIN ARIAS directamente en tu email
Destacou, por riba das súas múltiples facetas, polo seu labor como divulgador da cultura galega, unha faceta que estivo presente en todas e cada unha das súas actividades: como cooperativista, na súa identificación co Estatuto de Autonomía de Galicia, no seu traballo como mestre ou na súa relación coas Mocidades Galeguistas. Todo nel estaba íntimamente relacionado coa súa terra, á pesares de ter que sufrir a Guerra Civil Española e da súa inhabilitación para exercer como mestre. Sobreviviu ao conflito e aos atrancos para exercer a profesión, chegando a obter a valoración, admiración e recoñecemento público da súa obra e do seu labor, tanto en Galicia como en América.