Nestes contos de maxia, novos contos marabillosos un protagonista, que adoita ser un mozo ou moza, ten que pasar diversas probas e enfrontarse a grandes perigos. O protagonista conta para iso con axudantes sobrenaturais, que poden ser mortos agradecidos, como tal, ou animais maxicos (o paxaro que fala, o carneiro), e con obxectos maxicos: espadas, gaitas que fan bailar a todos, cunchas as que hai que obedecer, mantas que voan, burros que cagan diñeiro, unha orella do demo. Nos contos marabillosos hai sempre polo menos un opoñente ou adversario moi malo e case sempre sobrenatural (o demo ou dema, unha meiga, un encanto, un ogro ou xigante). E, normalmente, final feliz. No volume Contos de maxia IV, ilustrado por Irene Fra, reunense outros catro contos: O principe lagarto, que corresponde a unha extensisima serie, da que hai multiples variantes, a da busca do esposo perdido, que e de raigame clasica e que ten ilustres versions literarias como a de A Bela e a Besta); Aladina, da mesma serie que o anterior, onde aparece a caixa dos encantos como unha especie de sucesion de bonecas rusas; A caixa dos demachiños, protagonizado, como o anterior, por unha moza, neste caso unha princesa que e obrigada a pasar por traballos que resultarian imposibles de non ser a axuda do carneiro que, baixo aparencia animal, e un mozo encantado; e O mozo, a meiga e o xigante, un conto do tipo do nome do axudante que foi recreado por Grimm como o Anano saltariqueiro.
Ver más