Camilo Nogueira ofrece n'' A terra cantada unha primeira antoloxía de oitenta dos seus textos políticos (intervencións parlamentarias, discursos, artigos e ensaios), escritos a maior parte deles nos ultimos anos. Precedido por un limiar , "O comezo do mundo", o libro artellase arredor de catro capitulos que son outros tantos eixos das preocupacions politicas do autor: o primeiro, "Provincia ou nacion" (onde aborda as cuestions referidas ao desenvolvemento do movemento nacional galego); o segundo, "A memoria e a amnesia" (no que reflexiona sobre as contradicions existentes sobre o papel de Galicia, Cataluña ou Euskadi dentro de España); o terceiro, "Unha revolucion historica" (onde percorre e analiza os fitos decisivos do proceso constitucional europeo recente); e, por ultimo, "O imperio declinante" (no que, dende a sua dilatada experiencia internacional, da conta dalguns dos acontecementos mais salientables da ultima decada). Nogueira ofrece un libro con unidade e grande coherencia pola sua intencion explicita de propoñer ao lector como fio condutor unha reflexion sobre a construcion do proxecto nacional galego nos ultimos dous seculos. Interpretacion ou lectura non tanto como a historia dun nacionalismo concibido como ideoloxia, senon como unha proposta de liberdade, progreso e independencia que, cos seus erros e os seus acertos, reflicte a procura do autogoberno para Galicia situarse como nacion no mundo sen mediacions politicas estatais sacralizadas. Nogueira enuncia unha menxase esperanzada para unha Galicia con vontade de mudar a sua perspectiva historica, reencontrandose como nacion politica, unindo a memoria do pasado co proxecto do futuro.Camilo Nogueira ofrece n'' A terra cantada unha primeira antoloxía de oitenta dos seus textos políticos (intervencións parlamentarias, discursos, artigos e ensaios), escritos a maior parte deles nos ultimos anos. Precedido por un limiar , "O comezo do mundo", o libro artellase arredor de catro capitulos que son outros tantos eixos das preocupacions politicas do autor: o primeiro, "Provincia ou nacion" (onde aborda as cuestions referidas ao desenvolvemento do movemento nacional galego); o segundo, "A memoria e a amnesia" (no que reflexiona sobre as contradicions existentes sobre o papel de Galicia, Cataluña ou Euskadi dentro de España); o terceiro, "Unha revolucion historica" (onde percorre e analiza os fitos decisivos do proceso constitucional europeo recente); e, por ultimo, "O imperio declinante" (no que, dende a sua dilatada experiencia internacional, da conta dalguns dos acontecementos mais salientables da ultima decada). Nogueira ofrece un libro con unidade e grande coherencia pola sua intencion explicita de propoñer ao lector como fio condutor unha reflexion sobre a construcion do proxecto nacional galego nos ultimos dous seculos. Interpretacion ou lectura non tanto como a historia dun nacionalismo concibido como ideoloxia, senon como unha proposta de liberdade, progreso e independencia que, cos seus erros e os seus acertos, reflicte a procura do autogoberno para Galicia situarse como nacion no mundo sen mediacions politicas estatais sacralizadas. Nogueira enuncia unha menxase esperanzada para unha Galicia con vontade de mudar a sua perspectiva historica, reencontrandose como nacion politica, unindo a memoria do pasado co proxecto do futuro.
Ver más