📗 Libro en gallego A TERRA CANTADA

Edicións Xerais - 9788497824293

Política Política nacional

Sinopsis de A TERRA CANTADA

Camilo Nogueira ofrece n'' A terra cantada unha primeira antoloxía de oitenta dos seus textos políticos (intervencións parlamentarias, discursos, artigos e ensaios), escritos a maior parte deles nos últimos anos. Precedido por un limiar , "O comezo do mundo", o libro artéllase arredor de catro capítulos que son outros tantos eixos das preocupacións políticas do autor: o primeiro, "Provincia ou nación" (onde aborda as cuestións referidas ao desenvolvemento do movemento nacional galego); o segundo, "A memoria e a amnesia" (no que reflexiona sobre as contradicións existentes sobre o papel de Galicia, Cataluña ou Euskadi dentro de España); o terceiro, "Unha revolución histórica" (onde percorre e analiza os fitos decisivos do proceso constitucional europeo recente); e, por último, "O imperio declinante" (no que, dende a súa dilatada experiencia internacional, dá conta dalgúns dos acontecementos máis salientables da última década). Nogueira ofrece un libro con unidade e grande coherencia pola súa intención explícita de propoñer ao lector como fío condutor unha reflexión sobre a construción do proxecto nacional galego nos últimos dous séculos. Interpretación ou lectura non tanto como a historia dun nacionalismo concibido como ideoloxía, senón como unha proposta de liberdade, progreso e independencia que, cos seus erros e os seus acertos, reflicte a procura do autogoberno para Galicia situarse como nación no mundo sen mediacións políticas estatais sacralizadas. Nogueira enuncia unha menxase esperanzada para unha Galicia con vontade de mudar a súa perspectiva histórica, reencontrándose como nación política, unindo a memoria do pasado co proxecto do futuro.Camilo Nogueira ofrece n'' A terra cantada unha primeira antoloxía de oitenta dos seus textos políticos (intervencións parlamentarias, discursos, artigos e ensaios), escritos a maior parte deles nos últimos anos. Precedido por un limiar , "O comezo do mundo", o libro artéllase arredor de catro capítulos que son outros tantos eixos das preocupacións políticas do autor: o primeiro, "Provincia ou nación" (onde aborda as cuestións referidas ao desenvolvemento do movemento nacional galego); o segundo, "A memoria e a amnesia" (no que reflexiona sobre as contradicións existentes sobre o papel de Galicia, Cataluña ou Euskadi dentro de España); o terceiro, "Unha revolución histórica" (onde percorre e analiza os fitos decisivos do proceso constitucional europeo recente); e, por último, "O imperio declinante" (no que, dende a súa dilatada experiencia internacional, dá conta dalgúns dos acontecementos máis salientables da última década). Nogueira ofrece un libro con unidade e grande coherencia pola súa intención explícita de propoñer ao lector como fío condutor unha reflexión sobre a construción do proxecto nacional galego nos últimos dous séculos. Interpretación ou lectura non tanto como a historia dun nacionalismo concibido como ideoloxía, senón como unha proposta de liberdade, progreso e independencia que, cos seus erros e os seus acertos, reflicte a procura do autogoberno para Galicia situarse como nación no mundo sen mediacións políticas estatais sacralizadas. Nogueira enuncia unha menxase esperanzada para unha Galicia con vontade de mudar a súa perspectiva histórica, reencontrándose como nación política, unindo a memoria do pasado co proxecto do futuro.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497824293

Idioma: Gallego

Número de páginas: 408
Tiempo de lectura:
9h 44m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 15/03/2006

Año de edición: 2006

Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Xornalismo
Alto: 22.1 cm
Ancho: 14.6 cm
Grueso: 2.9 cm
Peso: 610.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Camilo Nogueira


Camilo Nogueira Román (Vigo 1936), enxeñeiro e economista, é un dos máis destacados dirixentes do nacionalismo galego. Presidente da Asociación Cultural de Vigo nos anos sesenta, contribuíu a fundar o sindicalismo galego e a estruturar o nacionalismo como organización política entre os anos sesenta e noventa. Foi deputado no Parlamento de Galicia, desde os seus inicios (1981-1993) e desde 1997 a 1999, facendo compatible o traballo político co profesional. Foi concelleiro no Concello de Vigo e membro do Parlamento Europeo na lexislatura 1999-2004. Autor dunha extensa obra ensaística e política publicou en Xerais: O poder industrial en Galicia (en colaboración con Luís Soto e Xan L. Facal) (Xerais 1980), A memoria da nación I. O reino de Gallaecia (Xerais 2001), primeiro volume do seu vasto proxecto de interpretación da historia política de Galicia titulado A memoria da nación, A terra cantada (Xerais 2006), Para unha crítica do españolismo (Xerais 2012) e Unha nación no mundo (Xerais 2019).
Descubre más sobre Camilo Nogueira
Recibe novedades de Camilo Nogueira directamente en tu email

Opiniones sobre A TERRA CANTADA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana