En edicións Laiovento atoparedes este libro que nos dará unha magnífica lección de Historia. De Historia necesaria, contemporánea e esquecida. Desa Historia que agardan e procuran que ninguén saiba. Falamos de Bibliotecarias e bibliotecarios "infames" de Francisco Xavier Redondo Abal. 8 exemplos onde a maioria son mulleres. Persoas que traballaban a prol do libro e da lectura, da igualdade, da xustiza social. Eran arquveir@s e bibliotecari@s. Persoas anonimas que foron xulgadas e castigadas por crer. Por saber. Pola Cultura. Esa cultura que ainda hoxe adoece no noso pais. Unha Cultura que ainda non chegou. As suas voces, as suas teimas, as suas inquedanzas e o seu latrocinio son recollidas polo autor para formarnos e informarnos, nunha xusta compilacion historica de danos e prexuizos que ainda hoxe a sociedade actual, galega e española, tende a esquecer. Ou pretende que esquezamos. Silenciarnos como silenciaron a estes traballadores do ben comun. Porque detras hai libros. E os libros, como ben sabedes, son perigosos. Son "inimigos de España, e por tanto deben queimarse". Que gran poder que teñen, os libros!Asi que se os libros teñen tanto poder, pensade o poder que teran as persoas que estan detras deles. E non, non falamos dos seus autores e autoras, falamos de quen os custodia, de quen os da a coñecer, de quen os propaga. Que perigo!"O segredo da liberdade radica en educar as persoas, mentres que o segredo da tirania esta en mantelas ignorantes". Maximilien Robespierre (1758-1794)Con motivo de la Fiesta del Libro se celebro un auto de fe en el patio de la Universidad Central, pronunciando el catedratico Antonio Luna las siguientes palabras:"Para edificar a España una, grande y libre, condenamos al fuego los libros separatistas, los liberales, los marxistas, los de la leyenda negra, los anticatolicos, los del romanticismo enfermizo, los pesimistas, los pornograficos,los de un modernisimo extravagante, los cursis, los cobardes, los seudocientificos, los textos malos y los periodicos chabacanos.E incluimos en nuestro indice a Sabino Arana, Juan Jacobo Rousseau, Carlos Marx, Voltaire, Lamartine, Maximo Gorki, Remarque, Freud y al Heraldo de Madrid"Xornal Ya (Madrid), 2 de maio de 1939
Ver más