Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC 9788410142336
Como sinala o título, Caídasá (VI Premio Xohana Torres, modalidade de Ensaio) e un achegamento ao funcionamento en Galicia do Patronato de Protección a la Mujer, a institución franquista que entre 1941 e 1985 internou en institucions relixiosas a miles de mozas por terense afastado do modelo unico de nai e esposa imposto pola ditadura, ademais de someter a un estrito control moral toda a poboacion. Malia ser unha das expresions mais crueis e lonxevas da ditadura, o Patronato segue sendo un gran descoñecido ou, o que e ainda mais grave, mantendo a patina de institucion benefica na que abnegadas monxas coidaban rapazas que se afastaran do bo camiño. A realidade e ben distinta e amosa un calvario de explotacion laboral e vexacions amparado pola Igrexa e as familias adeptas ao rexime, que deixou nas internas graves secuelas psicoloxicas. Este traballo e unha homenaxe a todas esas mozas: as sobreviventes e as que acabaron botandose por unha fiestra para fuxir da institucion e das lembranzas que ainda hoxe perseguen a quen padeceu a barbarie do Patronato.