A literatura xoga un papel fundamental na interpretación das vivencias experimentadas durante a nenez e a mocidade. Esta é a razón pola que neste traballo, coordinado polas profesoras da Universidade de Santiago Maria Jesus Agra Pardiñas e Blanca Ana Roig Rechou e promovido por GALIX, recollese unha antoloxia de trinta e oito obras da literatura infantil e xuvenil editada en galego que refliten, dende diferentes puntos de vista, as traumaticas consecuencias das guerras e dos conflitos belicos e as suas repercusions para a humanidade.O corpus seleccionado nesta antoloxia, ten, pois, como elo unificador a lingua galega, ainda que o orixinal fose escrito noutras linguas, organizandose a sua significatividade arredor de cinco eidos tematicos: "campos de concentracion e refuxiados", "consecuencias directas ou indirectas das guerras e posguerras sobre a infancia e a mocidade", "episodios belicos do pasado descubertos por adolescentes", "actuacion da infancia e da adolescencia nos conflitos belicos" e "os conflitos belicos e posbelicos como pano de fondo".A presente antoloxia, dirixida a un lectorado entre os dez anos e a fronteira entre a mocidade e a madureza, ten toda ela caracter narrativo, incluindo textos dos seguintes autores galegos: Fran Alonso, Roque Cameselle, Raquel Campos Pico, Margot Chamorro, Francisco Fernandez Naval, Agustin Fernandez Paz, Manuel Maria, Antonio Garcia Teijeiro, Andres Garcia Vilariño, Xose Ramon Gonzalez Alvarez, Siro Lopez, Xavier Lopez Rodriguez, Xavier Lorenzo, Manuel Lourenzo Gonzalez, Xose Manuel Martinez Oca, Marina Mayoral, Xose Neira Vilas, Milagros Oya e Xose A. Ventoso Mariño.Os estudos preliminares e a escolla e edicion dos textos antologados foron realizados por Eulalia Agrelo Costas, Isabel Mociño Gonzalez, Marta Neira Rodriguez, Amaro Raviña Rosende, Isabel Soto Lopez e as duas coordinadoras da obra, Maria Jesus Agra Pardiñas e Blanca Ana Roig Rechou.A literatura xoga un papel fundamental na interpretación das vivencias experimentadas durante a nenez e a mocidade. Esta é a razón pola que neste traballo, coordinado polas profesoras da Universidade de Santiago Maria Jesus Agra Pardiñas e Blanca Ana Roig Rechou e promovido por GALIX, recollese unha antoloxia de trinta e oito obras da literatura infantil e xuvenil editada en galego que refliten, dende diferentes puntos de vista, as traumaticas consecuencias das guerras e dos conflitos belicos e as suas repercusions para a humanidade.O corpus seleccionado nesta antoloxia, ten, pois, como elo unificador a lingua galega, ainda que o orixinal fose escrito noutras linguas, organizandose a sua significatividade arredor de cinco eidos tematicos: "campos de concentracion e refuxiados", "consecuencias directas ou indirectas das guerras e posguerras sobre a infancia e a mocidade", "episodios belicos do pasado descubertos por adolescentes", "actuacion da infancia e da adolescencia nos conflitos belicos" e "os conflitos belicos e posbelicos como pano de fondo".A presente antoloxia, dirixida a un lectorado entre os dez anos e a fronteira entre a mocidade e a madureza, ten toda ela caracter narrativo, incluindo textos dos seguintes autores galegos: Fran Alonso, Roque Cameselle, Raquel Campos Pico, Margot Chamorro, Francisco Fernandez Naval, Agustin Fernandez Paz, Manuel Maria, Antonio Garcia Teijeiro, Andres Garcia Vilariño, Xose Ramon Gonzalez Alvarez, Siro Lopez, Xavier Lopez Rodriguez, Xavier Lorenzo, Manuel Lourenzo Gonzalez, Xose Manuel Martinez Oca, Marina Mayoral, Xose Neira Vilas, Milagros Oya e Xose A. Ventoso Mariño.Os estudos preliminares e a escolla e edicion dos textos antologados foron realizados por Eulalia Agrelo Costas, Isabel Mociño Gonzalez, Marta Neira Rodriguez, Amaro Raviña Rosende, Isabel Soto Lopez e as duas coordinadoras da obra, Maria Jesus Agra Pardiñas e Blanca Ana Roig Rechou.
Ver más