En Soño de liberdade, a xornalista Rocío Cid, a quen coñecemos como biógrafa de Rosalía Carcedo en A saga das curandeiras, relátanos a vida dunha hipotética muller, nada no rural galego, Sabela Couto Roriz (1949). A novela e un percorrido pola sua vida, desde o seu nacemento na epoca das cartillas de racionamento ata a chegadada democracia, xa na sua mocidade. Narra a batalla que a protagonista tivo que manter para sair do circulo de submision no que vivian a sua nai e mais a sua avoa, batalla que gañou mediante o estudo e a rebeldia e que a levaron a poder traballar fora do fogar, a casar coa persoa que amaba e a ser independente.Este itinerario de vida serve para ofrecer unha panoramica sobre os labores agricolas e gandeiros nos que Sabela se viu obrigada a participar sendo nena e adolescente, sobre a autoridade paterna, a precariedade da vida dunha nena do rural na cidade, as diferenzas de clases sociais, o papel da muller ou as dificultades para vivir un primeiro amor, sempre baixo o xugo da mirada paterna e do que diran.Soño de liberdade e, en definitiva, a historia dunha muller libre e adiantada ao seu tempo, dunha muller que traballou para deixar atras as limitacions e as dificultades da sua educacion, e que soñou cunha vida mellor.
O barco de Ulises, en plena pandemia do 2020, retorna á illa na que pasou aquel inesquecible verán da súa infancia xunta os seus avós, na dura década do 1980. A década da heroína, a década da sida, a decada do retorno de moitos galegos emigrantes a Venezuela.Nesta novela, Marta Estevez retrata a infancia da xeracion nacida no 1970 e a dor dos que tiveron que abandonar a sua terra para intentar gañar un futuro en America. Todo baixo a luz fascinante das illas atlanticas.