Cando era pequena, as borrascas non tiñan nome. Trebóns, vento e xeada no inverno; seca no verán. O tempo era un caracol á sombra dunha maceira. Nalgún momento da vida adulta mutou en falcón peregrino, en picado entre borrascas con nome propio
Contar a vida de Anne Beaumanoir é contar a historia do século XX (versaletas). Unha muller que loitou na Resistencia francesa con só 19 anos. Que desafiou as ordes cando lles salvou a vida a dous adolescentes xudeus. Que cando os alxerianos se ergueron contra o colonialismo frances, preferiu porse do lado dos seus supostos inimigos independentistas, malia que iso supuxese ir ao carcere por dez anos. Anne Weber revoluciona a lingua narrativa nesta fascinante novela que se le como unha epopea clasica. Unha vida humana e mitica a un tempo.
A poesía que se compila nestas páxinas está alicerzada, xa desde o debut da autora, no regreso á súa orixe, tanto na paisaxe rural da infancia e da mocidade coma, de xeito especial, nas raíces familiares; o que a poeta chama a casa dos pais. Son tamen versos nos que, xunto as palabras ditas, cobran unha relevancia non menor as que quedan sen dicir, cando os silencios pasan a xogar un papel primordial nas escollas da memoria. Sucede iso, nomeadamente, mais non so, cando o instante da escrita se sente enneboeirado polas dubidas existenciais. Desde os seus tenteos abrolla enton un clima onirico e cunha forte carga simbolica que pide, para ser gozado en todos os seus ricos matices, unha lectura atenta. Poderase asi ir desentrañando a autentica identidade dun eu lirico que avanza entre o magma propio do pulo creador e un ritmo de estraña fascinacion. Traducida e prologada con admiracion e grande acerto polo tamen poeta Xavier Rodriguez Baixeras, esta antoloxia en edicion bilingue asturiano-galego e a primeira seleccion da obra de Lourdes Alvarez que se publica noutra lingua peninsular.