Luís, ou don Luís agora, pasaba moitas horas escoitando a voz, as mil voces, os cen ou os cen mil bicos de Catulo, a chuvia sobre Compostela, a pedra do seu destino, a súa cova, o diluvio de Ovidio no seu Metamorphoseon. Don Luís, hogano vello e só, deixaba ás veces que a súa mente saíse á rúa coma unha ave descoñecida e branca que voaba por riba dos tellados e dos cabalos de pedra entre a chuvia e apousaba no alto da torre das campás do Obradoiro, a da dereita. Logo, outra ave moura, apousaba no alto da torre da carraca, a da esquerda. Miraban ambas a lonxanía, logo unha para a outra. Despois voaban cara si fundíndose nunha soa, non se sabe se branca se negra, e desaparecía batendo as ás en dirección ó cemiterio de Boisaca, onde descansaba Rosa.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475078267
Idioma: Gallego
Número de páginas: 184
Tiempo de lectura:
4h 19m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 16/05/2001
Año de edición: 1994
Plaza de edición: Vigo
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Xosé Fernández Ferreiro
Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931 - A Coruña, 2015) traballou como xornalista en La Noche, El Correo Gallego e La Voz de Galicia. A súa actividade profesional foi recoñecida co Premio Galicia de Xornalismo (1985) e coa Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega (2003). Membro do grupo literario Brais Pinto, comezou a súa andaina publicando os libros de poemas Ribeirana do Sil (1952) e A noite (1959). Como narrador publicou as seguintes novelas, a maior parte delas no catálogo de Xerais: A morte de Frank González (1975), Morrer en Castrelo do Miño (1978), A saga dun afiador (1980), A ceo aberto (1981), Corrupción e morte de Brigitte Bardot (1981), Reportaxe cósmico (1983), A fraga dos paxaros salvaxes (1985), O minotauro (1989), Agosto do 36 (1991, Premio Xerais de Novela, traducida ao castelán por Alianza Editorial), A cidade das chuvias (1994), O atentado (1999, Premio Losada Diéguez), O último paraíso (2001), Millo verde (2002), Os últimos fuxidos (2004), e Tempo de centeo (2009). Ademais, publicou o libro de relatos Co medo nas mans (1996) e o relato infantil O conto da boa e da mala pipa (1996). De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde (Xerais, 2012) recolle as súas inquietudes mozas. "Ulcis" (Xerais, 2020) publícase postumamente.