📗 Libro en gallego A ESPIRAL NO ESPELLO. BRETAÑA, ESMERALDINA E O SISTEMA LITERARIO GALEGO.

Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego

Edicións Xerais - 9788497827195

Estudios literarios Géneros literarios

Sinopsis de A ESPIRAL NO ESPELLO. BRETAÑA, ESMERALDINA E O SISTEMA LITERARIO GALEGO.

O presente estudo reivindica para Bretaña, Esmeraldina a condición de obra central dentro do macrotexto da produción literaria de Méndez Ferrín e atribúelle tamén un papel especialmente relevante no contexto histórico da primeira Galicia autonómica, tanto no campo literario coma no político. O autor analiza con detalle a complexa estrutura da novela, cos seus niveis narrativos, rastrexando os modelos literarios que a conforman, para logo reflexionar sobre as diferentes poéticas que nela se manexan: a dun protagonista, Amaury, preso político bretón na cadea de Príncipe en Tagen Ata, que procura a identidade, a poética da lectura e da escritura (texto e entrelazo), a da ficción (espello) e a do regreso (espiral). Anxo Angueira remata facendo fincapé na importancia desta novela a respecto do nacemento do independentismo político, da vixencia da Nova Narrativa e dunha toma de posición en defensa da autonomía do campo literario como camiño para a consolidación da literatura galega como literatura nacional.O presente estudo reivindica para Bretaña, Esmeraldina a condición de obra central dentro do macrotexto da produción literaria de Méndez Ferrín e atribúelle tamén un papel especialmente relevante no contexto histórico da primeira Galicia autonómica, tanto no campo literario coma no político. O autor analiza con detalle a complexa estrutura da novela, cos seus niveis narrativos, rastrexando os modelos literarios que a conforman, para logo reflexionar sobre as diferentes poéticas que nela se manexan: a dun protagonista, Amaury, preso político bretón na cadea de Príncipe en Tagen Ata, que procura a identidade, a poética da lectura e da escritura (texto e entrelazo), a da ficción (espello) e a do regreso (espiral). Anxo Angueira remata facendo fincapé na importancia desta novela a respecto do nacemento do independentismo político, da vixencia da Nova Narrativa e dunha toma de posición en defensa da autonomía do campo literario como camiño para a consolidación da literatura galega como literatura nacional.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497827195

Idioma: Gallego

Número de páginas: 704
Tiempo de lectura:
16h 53m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 20/01/2010

Año de edición: 2010

Plaza de edición: Es

Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - LINGUA E LITERATURA

Alto: 21.1 cm
Ancho: 13.2 cm
Grueso: 3.3 cm
Peso: 686.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Anxo Angueira


Anxo Angueira Viturro (Manselle, 1961) é doutor en Filoloxía Galega e profesor da Universidade de Vigo. No ámbito da creación literaria publicou obras poéticas e narrativas: «Val de Ramirás» (1989), «O valo de Manselle» (Xerais, 1996), «Bágoas de facer illas» (Xerais, 1997), «Libro da Vertixe» (1997), «Pensa nao» (Premio Xerais de Novela 1999), «Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro» (2002), «A morte de A.» (Xerais, 2003), «Fóra do sagrado» (Xerais, 2007) e «Iria» (Xerais, 2012). Como ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín («A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego»), vén centrando as súas investigacións na época do Rexurdimento: publicou «Das copras de Sarmiento aos cantares de Rosalía de Castro. Cara a unha nova periodización do Rexurdimento» (2013), realizou as edicións críticas de «Cantares gallegos», «Follas novas» e «En las orillas de Sar» e publicou diferentes traballos sobre Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales. Desde 2012 preside a Fundación Rosalía de Castro. Fotografía do autor: Anxo Cabada.
Descubre más sobre Anxo Angueira
Recibe novedades de Anxo Angueira directamente en tu email

Opiniones sobre A ESPIRAL NO ESPELLO. BRETAÑA, ESMERALDINA E O SISTEMA LITERARIO GALEGO.


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana