Sinopsis de A HISTORIA DO CAN QUE CAEU NO TINTEIRO
Velaquí un can que caeu nun tinteiro... Era un canciño pequeno. Ao saír, foi deixando curiosas pegadas por todas partes. Tan curiosas como as que o neno co que vivía empezaba a escribir sobre un papel. Foi así como comezou un xogo.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788498650198
Idioma: Gallego
Número de páginas: 32
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 04/03/2008
Año de edición: 2008
Plaza de edición: Es
Colección:
Os Duros
Os Duros
Número: 25
Alto: 20.0 cm
Ancho: 16.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Xavier Seoane
Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Escritor, profesor, conferenciante, articulista, comisario de exposicións e organizador cultural, participa desde a década de 1970 na renovación cultural, artística e literaria de Galicia. Formou parte de movementos con artistas plásticos. Foi membro fundador da revista e foro «Luzes de Galiza» e do grupo poético «De amor e desamor». Na súa poesía destaca «Don do horizonte» (1999), que recolle o conxunto dos seus libros poéticos; posteriormente publicou os poemarios «Dársenas do ocaso» (2002), «Vagar de amor e sombra» (2004), «Para unha luz ausente» (2006), «Do ventre da cóbrega» (2008), «Raíz e soño» (2009), «Espiral de sombras» (2013), «Threnói» (2016) e «A póla branca» (Xerais, 2020). No ensaio artístico editou «Identidade e convulsión» (1990), «Reto ou rendición» (1994), e libros, ensaios, catálogos e artigos sobre numerosos artistas. No ensaio humanístico, «Atravesar o espello» (Xerais, 2000), unha defensa da lectura; «O sol de Homero» (Xerais, 2002), unha reflexión sobre a función da poesía; «Saudar a vida» (Xerais, 2007), sobre a relación entre as humanidades e as ciencias; «Todos somos Ulises» (Xerais, 2016) e «Lingua de Eva e Adán» (2018). Na narrativa publicou as novelas «Ábrelle a porta ao mar» (2000), «Filiberto e Sofonisba» (2010) e «A Dama da noite» (2014), esta última sobre Rosalía de Castro. No aforismo, «Irispaxaros» (1984), «A rocha imantada» (2011) e coordinou o libro «Os aforismos do riso futurista» (Xerais, 2017). En 2021 estréase na colección Merlín de Xerais co libro de poemas infantís «Cancións para Ana Lúa», con ilustracións de Correa Corredoira. Entre outros, recibiu os premios Cidade da Coruña, Esquío, Caixanova, Crítica Española e Espiral Maior. A súa obra está traducida a varios idiomas e foi seleccionada en múltiples antoloxías.