Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Escritor, profesor, conferenciante, articulista, comisario de exposicións e organizador cultural, participa desde a década de 1970 na renovación cultural, artística e literaria de Galicia. Formou parte de movementos con artistas plásticos. Foi membro fundador da revista e foro «Luzes de Galiza» e do grupo poético «De amor e desamor». Na súa poesía destaca «Don do horizonte» (1999), que recolle o conxunto dos seus libros poéticos; posteriormente publicou os poemarios «Dársenas do ocaso» (2002), «Vagar de amor e sombra» (2004), «Para unha luz ausente» (2006), «Do ventre da cóbrega» (2008), «Raíz e soño» (2009), «Espiral de sombras» (2013), «Threnói» (2016) e «A póla branca» (Xerais, 2020). No ensaio artístico editou «Identidade e convulsión» (1990), «Reto ou rendición» (1994), e libros, ensaios, catálogos e artigos sobre numerosos artistas. No ensaio humanístico, «Atravesar o espello» (Xerais, 2000), unha defensa da lectura; «O sol de Homero» (Xerais, 2002), unha reflexión sobre a función da poesía; «Saudar a vida» (Xerais, 2007), sobre a relación entre as humanidades e as ciencias; «Todos somos Ulises» (Xerais, 2016) e «Lingua de Eva e Adán» (2018). Na narrativa publicou as novelas «Ábrelle a porta ao mar» (2000), «Filiberto e Sofonisba» (2010) e «A Dama da noite» (2014), esta última sobre Rosalía de Castro. No aforismo, «Irispaxaros» (1984), «A rocha imantada» (2011) e coordinou o libro «Os aforismos do riso futurista» (Xerais, 2017). En 2021 estréase na colección Merlín de Xerais co libro de poemas infantís «Cancións para Ana Lúa», con ilustracións de Correa Corredoira. Entre outros, recibiu os premios Cidade da Coruña, Esquío, Caixanova, Crítica Española e Espiral Maior. A súa obra está traducida a varios idiomas e foi seleccionada en múltiples antoloxías.

Recibe novedades de Xavier Seoane directamente en tu email

Del 1 al 20 de 30
espiral de sombras-xavier seoane-9788494633713
Tapa blanda
ESPIRAL DE SOMBRAS

Xavier Seoane

elogio de vivir-xavier seoane-9788494466090
Tapa blanda
ELOGIO DE VIVIR

Xavier Seoane

todos somos ulises-xavier seoane-9788491210443
Tapa blanda
TODOS SOMOS ULISES

Xavier Seoane

la dama de las sombras-xavier seoane-9788415973751
Tapa blanda
LA DAMA DE LAS SOMBRAS

Xavier Seoane

os aforismos do riso futurista-francisco pillado maior-xavier seoane-9788491211334
Tapa blanda
OS AFORISMOS DO RISO FUTURISTA

PILLADO MAIOR, FRANCISCO y Xavier Seoane

threnoi (ed. bilingue gallego-español)-xavier seoane-9788416968008
Tapa blanda
THRENOI (ED. BILINGUE GALLEGO-ESPAÑOL)

Xavier Seoane

cancions para ana lua-xavier seoane-9788491218036
Tapa blanda
CANCIONS PARA ANA LUA

Xavier Seoane

a pola branca-xavier seoane-9788491216605
Tapa blanda
A POLA BRANCA

Xavier Seoane

de vuelos y de aves-xavier seoane-9788417830809
Tapa blanda
DE VUELOS Y DE AVES

Xavier Seoane

atravesar o espello-xavier seoane-9788483024744
Tapa blanda
ATRAVESAR O ESPELLO

Xavier Seoane

don do horizonte-xavier seoane-9788489814769
Tapa blanda
DON DO HORIZONTE

Xavier Seoane

a`brelle a porta ao mar-xavier seoane-9788489814950
Tapa blanda
A`BRELLE A PORTA AO MAR

Xavier Seoane

hai suficiente infinito-anton patiño-xavier seoane-9788483023006
Tapa blanda
HAI SUFICIENTE INFINITO

Antón Patiño y Xavier Seoane

eu tamen oin as vozes do orvallo-xavier seoane-9788487674488
Tapa blanda
EU TAMEN OIN AS VOZES DO ORVALLO

Xavier Seoane

identidade e convulsion-xavier seoane-9788474924619
Tapa blanda
IDENTIDADE E CONVULSION

Xavier Seoane

o sol de homero: unha defensa da poesia-xavier seoane-9788483028377
Tapa blanda
O SOL DE HOMERO: UNHA DEFENSA DA POESIA

Xavier Seoane

vagar de amor e sombra-xavier seoane-9788484572152
Tapa blanda
VAGAR DE AMOR E SOMBRA

Xavier Seoane

Del 1 al 20 de 30