Atravesar o espello quere ser unha reflexión sobre os libros e a lectura, pero sobre todo unha invitación a ler, a máis fermosa, fecunda e incesante viaxe. Rompendo as convencións do xénero, mesturando a reflexión con apuntes de memorias ou digresións persoais, é unha obra que celebra o mundo do libro e da lectura como arcas primordiais do corazón humano e do coñecemento e a creación intelectual universais. Intentando espertar vocacións lectoras, concibe o libro como un instrumento inevitábel de formación moral, estética, intelectual, científica e profesional, mais sobre todo convida á descuberta da lectura como fonte irreparábel de pracer, como talismán interminábel de emoción e de gozo dentro da máis común cotianidade. Nada tan cercano como a lectura para soñar, para vivir coa máis radical intensidade.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483024744
Número de páginas: 168
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 15/05/2001
Año de edición: 2000
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Peto
Peto
Número: 000019
Peso: 104.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Xavier Seoane
Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Escritor, profesor, conferenciante, articulista, comisario de exposicións e organizador cultural, participa desde a década de 1970 na renovación cultural, artística e literaria de Galicia. Formou parte de movementos con artistas plásticos. Foi membro fundador da revista e foro «Luzes de Galiza» e do grupo poético «De amor e desamor». Na súa poesía destaca «Don do horizonte» (1999), que recolle o conxunto dos seus libros poéticos; posteriormente publicou os poemarios «Dársenas do ocaso» (2002), «Vagar de amor e sombra» (2004), «Para unha luz ausente» (2006), «Do ventre da cóbrega» (2008), «Raíz e soño» (2009), «Espiral de sombras» (2013), «Threnói» (2016) e «A póla branca» (Xerais, 2020). No ensaio artístico editou «Identidade e convulsión» (1990), «Reto ou rendición» (1994), e libros, ensaios, catálogos e artigos sobre numerosos artistas. No ensaio humanístico, «Atravesar o espello» (Xerais, 2000), unha defensa da lectura; «O sol de Homero» (Xerais, 2002), unha reflexión sobre a función da poesía; «Saudar a vida» (Xerais, 2007), sobre a relación entre as humanidades e as ciencias; «Todos somos Ulises» (Xerais, 2016) e «Lingua de Eva e Adán» (2018). Na narrativa publicou as novelas «Ábrelle a porta ao mar» (2000), «Filiberto e Sofonisba» (2010) e «A Dama da noite» (2014), esta última sobre Rosalía de Castro. No aforismo, «Irispaxaros» (1984), «A rocha imantada» (2011) e coordinou o libro «Os aforismos do riso futurista» (Xerais, 2017). En 2021 estréase na colección Merlín de Xerais co libro de poemas infantís «Cancións para Ana Lúa», con ilustracións de Correa Corredoira. Entre outros, recibiu os premios Cidade da Coruña, Esquío, Caixanova, Crítica Española e Espiral Maior. A súa obra está traducida a varios idiomas e foi seleccionada en múltiples antoloxías.