Un mociño inglés do século XVIII vive e conta neste libro, clásico no seu xénero, unha aventura extraordinaria se é que as hai. Mesturados el e mailos seus amigos cunha grea de bucaneiros disfrazados de xente de ben, e norteados todos polo mapa que tirara o rapaz do cofre dun pirata finado na cativa pensión familiar, nunha aldea mariñeira, bótanse ó mar tralo engado do fabuloso tesouro soterrado por unha banda dos autodenominados cabaleiros de fortuna naquela afastada illa descrita no tal mapa. As peripecias de Jim Hawkins, do capitán Smollet, de Long John Silver e o resto dos tripulantes da Española significaron para varias xeracións non só a cristalización dos soños de mocidade de aventuras, senón tamén a realización literaria da ansia de escapismo que aniña en todo ser humano. Se ben, a complexidade psicolóxica dalgúns personaxes, especialmente John Silver, amosa a característica preocupación de Robert Louis Stevenson pola ambigüidade moral do ser humano, A illa do tesouro representa en estado puro a novela de aventuras na cal a procura mítica dun obxecto prezado actúa como móbil para a fuxida cara a escenarios exóticos onde a liberdade é posible.
Ficha técnica
Traductor: Xavier Alcala
Editorial: Xerais
ISBN: 9788497820813
Idioma: Gallego
Número de páginas: 312
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 27/11/2003
Año de edición: 2003
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por Robert Louis Stevenson
(Edimburgo, 1850 – Vailima Upolu, Samoa Occidental, 1894). En la tumba de este escritor escocés, en una lejana isla de los mares del Sur a la que fue por motivos de salud, figura grabado el apodo que le dieron los samoanos: Tusitala, «el contador de historias».
Se dio a conocer como novelista con La isla del tesoro (1883) y su popularidad como escritor se basó fundamentalmente en los emocionantes argumentos de sus novelas fantásticas y de aventuras, en las que siempre aparecen contrapuestos el bien y el mal, a modo de alegoría moral que se sirve del misterio y la aventura.
Fue muy reconocido en vida y su escritura ha sido de gran influencia para importantes autores posteriores.