Se vas a Montealto, achégate onda o Manuel, e pregúntalle por que se mantén asomado ao peitoril da súa xanela, sen atreverse a baixar á praza. ¿Será que lle asusta pescudar a escuridade no mundo da Morena? ¿Por que non creu na premonición da Milagreira? Dille que Oliva provén dun misterio e medroulle un soño no ventre con forma de media lúa fouciña. ¿De quen será a semente? Coméntalle que Eusebio, o Comecabrascrúas de Montealto, ten unha alma que ansía a gloria, aínda que semella un brután cun corazón de mazá. Quizais se atreva a falarche da tola do muíño, de Candela, do párroco Aniceto, da señorita Flora, do salgueiro ou da voracidade do río Galeno. Se cadra, o Manuel quedou preso nas redes daquel prodixio do pasado que tinguiu a Montealto de inquedanzas, e non ten respostas, senón preguntas, igual ca min, igual ca ti tras mergullarte nesta lenda que agocha os segredos da lúa.A lenda da lúa de Montealto é unha novela ateigada de referencias aos sentidos: a calor, os olores, o tacto e o sabor das cousas. A sensualidade agroma en cada palabra, buscando describir cada unha das reaccións psicolóxicas e fisiolóxicas dos protagonistas.
Ficha técnica
Editorial: Sotelo Blanco Edicions
ISBN: 9788478245208
Idioma: Gallego
Número de páginas: 80
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 20/10/2007
Año de edición: 2007
Especificaciones del producto
Escrito por An Alfaya
An Alfaya (Vigo, 1964) ten unha obra literaria extensa dirixida tanto aos lectores e lectoras infanto-xuvenís como ás persoas adultas. Publicou as novelas A recortada (Xerais, 1999); Desventura (2003); Matei un home (2005), áccesit do Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2003; A sombra descalza (Xerais, 2006), Premio Lazarillo 2005, Premio Xosé Neira Vilas 2006 ao mellor libro infantil e xuvenil, Premio White Ravens 2007 e Lista de Honra IBBY 2008; Illa Soidade (Xerais, 2007), Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2007 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil 2007; Areaquente (2009) Premio Lueiro Rey 2009 e Premio San Clemente 2010; Vía secundaria (Xerais, 2011), Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2010; Muros de aire (Xerais, 2015); A cea das enaguas (2016), Premio Frei Martín Sarmiento e O home de negro (2018), Premio Xosé Neira Vilas de Novela Xuvenil 2017. Dentro da súa produción dirixida ao público infantil, Xerais publicou a obra teatral O maquinista Antón (1995, 2009) e os libros narrativos O caderno azul (1996), ¡Sireno, Sireno! (Premio Merlín 1997), A buguina namorada (2003), A encontadora (2003), O aroma do liquidámbar (2012) e O fío vermello (2014). Tamén recibiu o Premio Frei Martín Sarmiento nos anos 2008, 2011 e 2013 polas súas obras Zoa o Azor, A ánfora exipcia e O recendo das clementinas. O Grupo (Xerais, 2019) foi merecedora do XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil.