Medramos coa presenza limpa das rectas, tan simples, tan útiles, sen dubidar da súa consistencia, malia vivirmos nunha superficie curva, aceptando o seu carácter ilimitado, ao abeiro dun espazo infinito, teimosos na ignorancia. Se cadra asumimos a ficción como necesaria, presos de ideas primitivas, nacidas de experiencias limitadas que sufriron xeneralizacións abusivas e se converteron en principios inmutábeis, conturbando a nosa razón. Agora sabemos que non, que a recta e unha aparencia, aquela precisa simplicidade da xeometría escolar. E xorden outras xeometrías, outras teorías físicas... Aprendemos que o universo non se corresponde coa idea de espazo plano e infinito, que a súa xeometría varía dun lugar a outro e muda permanentemente coas diversas configuracións materiais! Estas páxinas percorren unha longa marcha, a longa historia da evolución das teorías xeometricas, desde os albores da civilización ata esa modernidade que fai eclosión no seculo XIX. Unha andaina instrutiva que arriba a unha abstracción insospeitada, derrubando a ilusión dunha xeometría natural.
Ficha técnica
Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico Da Usc
ISBN: 9788419679550
Idioma: Gallego
Número de páginas: 181
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 25/07/2023
Año de edición: 2023
Plaza de edición: España
Alto: 1.9 cm
Ancho: 1.2 cm
Grueso: 1.0 cm
Peso: 200.0 gr
Especificaciones del producto
Opiniones sobre A LONGA MARCHA DA XEOMETRÍA
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!