leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego A ROTURA DAS PAISAXES

Edicións Xerais - 9788499149899

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de A ROTURA DAS PAISAXES

Dous homes de avanzada idade camiñan por unha praia enleados en distintas conversas mentres, para o seu abraio e incomodidade, atenden, sen pretendelo, a unha serie de acontecementos que escapan da súa comprensión e van alterando o seu estado de ánimo. Esa circunstancia obrígaos a reflexionar sobre a súa situación na praia, sen liberarse da dúbida de que se atope alguén máis canda eles a quen non dan visto.Cunha linguaxe multifocal, que ás veces roza o surrealismo, mesturando realidade e ficción de xeito continuo e partindo dunha cita do pintor Toulouse-Lautrec (que di que o esencial é a figura mentres que a paisaxe é un mero accesorio), Xesús Constela achéganos un libro no que xoga con diversas técnicas literarias que van desde o máis espido dos diálogos, ata unha sorte de poesía de carácter narrativo, pasando pola linguaxe cinematográfica ou a prosa poética, entre outras.Con moitas e moi diferentes voces narradoras relatando ao mesmo tempo, A rotura das paisaxes configúrase como un libro que admite diversas ordes de lectura e, xa que logo, pode ser interpretado como unha novela para quen queira ver nel unha novela, ou unha colección de relatos para quen prefira ver nel unha colección de relatos.Dous homes de avanzada idade camiñan por unha praia enleados en distintas conversas mentres, para o seu abraio e incomodidade, atenden, sen pretendelo, a unha serie de acontecementos que escapan da súa comprensión e van alterando o seu estado de ánimo. Esa circunstancia obrígaos a reflexionar sobre a súa situación na praia, sen liberarse da dúbida de que se atope alguén máis canda eles a quen non dan visto.Cunha linguaxe multifocal, que ás veces roza o surrealismo, mesturando realidade e ficción de xeito continuo e partindo dunha cita do pintor Toulouse-Lautrec (que di que o esencial é a figura mentres que a paisaxe é un mero accesorio), Xesús Constela achéganos un libro no que xoga con diversas técnicas literarias que van desde o máis espido dos diálogos, ata unha sorte de poesía de carácter narrativo, pasando pola linguaxe cinematográfica ou a prosa poética, entre outras.Con moitas e moi diferentes voces narradoras relatando ao mesmo tempo, A rotura das paisaxes configúrase como un libro que admite diversas ordes de lectura e, xa que logo, pode ser interpretado como unha novela para quen queira ver nel unha novela, ou unha colección de relatos para quen prefira ver nel unha colección de relatos.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499149899

Idioma: Gallego

Número de páginas: 304
Tiempo de lectura:
7h 13m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 10/03/2016

Año de edición: 2016

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Número: 391
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 2.5 cm
Peso: 462.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xesús Constela Doce


Xesús Constela (Ferrol, 1963) reside en Poio. Deuse a coñecer ao gañar o Premio Torrente Ballester con «As humanas proporcións» (2004), colección de relatos galardoada tamén co premio da Asociación Española de Críticos Literarios. En 2007 publica a novela «Libro das alquimias» (2007). En 2008 gañou o Premio Manuel García Barros con «Shakespeare destilado» (2008), un monólogo humorístico sobre o proceso creativo que pon en dúbida a ficción tradicional e xoga coa tradición literaria de William Shakespeare. Na novela «15.724» (Xerais, 2012), que obtivo un grande éxito de crítica, presenta un xogo de voces narradoras que obrigan a reflexionar acerca de asuntos como a fronteira entre a cordura e a tolemia, a submisión ao poder ou a aplicación da pena de morte. En 2014 publicou «Apoteose das perchas», unha novela breve en clave de sátira, e posteriormente «A rotura das paisaxes» (Xerais, 2016), «Lisa deitada» (2018) e «O peso do cerebro» (Xerais, 2021). Foi colaborador do suplemento «Nordesía» do «Diario de Ferrol» entre os anos 2004 e 2009 e ten numerosos artigos publicados en xornais e revistas. Participou en varias obras colectivas: «Pontevedra, laranxeiras e limoeiros», «Plug & Play. Antoloxía galega de ciencia ficción erótica», e en dous volumes da serie «Contos do sacaúntos» da Fundación Vicente Risco. Co título de «Como se fixo o pri-meiro alfabeto» (2008) publicou a tradución e adaptación de dous contos de Rudyard Kipling. (Foto do autor: Jorge Fernández Seoane)
Descubre más sobre Xesús Constela Doce
Recibe novedades de Xesús Constela Doce directamente en tu email

Opiniones sobre A ROTURA DAS PAISAXES


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana