Ler para xogar. Fedellar pensamentos para atopar solucións.A quen non lle gusta gozar das palabras que parece que significan outra cousa e que nos levan por moitos camiños? E se ademais, riman, xa é perfecto. Porque unha adiviña é unha porta aberta á felicidade da descuberta. A autora ofrécenos vinte e oito adiviñas co recendo fermoso da literatura popular, moi sinxelas e breves pero, sobre todo, moi suxestivas e gozosas.
Ficha técnica
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788498650990
Idioma: Gallego
Número de páginas: 33
Fecha de lanzamiento: 24/07/2008
Año de edición: 2008
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por PALMIRA GONZALEZ BOULLOSA
Palmira González Boullosa (Vigo, 1941-2017) foi mestra e especialista en literatura de tradición oral. Os seus primeiros libros foron dedicados á recompilación do folclore infantil: Adiviñas (1985), Mentiras (1986), Arrolos (1986) e ¿Quen panda? (1986), tarefa que completaría con Cando o rei por aquí pasou (Xerais 1997). Ten publicado ademais: A princesa Lúa e o enigma de Kián (1988), novela, premio Merlín 1987; Brandón, fillo de Ferreol (Xerais 1993), que formarán parte dunha triloxía que concibiu baixo o título de Triloxía de Cumiodouro. Como poeta publicou Asoldamente, o teu nome (1992), Premio Eusebio Lorenzo Baleirón.