📗 Libro en gallego ANIBAL OTERO

(1)

Lingüistica e política en España na Guerra Civil e no franquismo

Edicións Xerais - 9788499141985

(1)
Estudios literarios Biografías y estudios de escritores

Sinopsis de ANIBAL OTERO

Este libro é a biografía de Aníbal Otero Álvarez (1911-1974), filólogo que, en 1936, era, ós 25 anos, o lingüista máis versado no galego vivo e o de formación cientificamente máis moderna como fonetista, dialectólogo e lexicógrafo. Tamén era un excelente e apaixonado coñecedor do romanceiro da tradición oral. Como fonetista foi, ademais dun pioneiro, un mestre.Pero o verán do 36 tronzou, en boa parte, a súa vida profesional cando o 5 de agosto, en Valença do Minho, foi detido, ilegalmente, pola Policía portuguesa, que o entregou, abouxado e inerme, ás autoridades militares de Tui, que, sen lexitimidade política, asumiron unha detención ilegal, unha especie de secuestro. Días antes, Aníbal Otero entrevistaba os "camponeses" do norte de Portugal como colaborador do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica, el que, meses antes, investigara os cincuenta e tres puntos do mapa idiomático de Galicia. Logo vén o calvario dun infame proceso xudicial, a solicitude de pena de morte por parte do fiscal, unha longa condena e cinco anos de prisión en cinco cadeas distintas.Cando, nos anos cincuenta, Aníbal Otero volve á actividade lingüística, faino con dificultades, con limitación de medios científicos e con moi poucos azos. Aníbal Otero está dentro das coordenadas da lingüística española nos anos da Guerra Civil e nos primeiros da posguerra, esquema no que tamén se moven os seus dous grandes mestres: Ramón Menéndez Pidal (nunha especie de exilio interior) e Tomás Navarro Tomás (no exilio exterior, ergueito sempre na belixerante dignidade de quen proclamaba que non "amnistiaba a Franco").Este libro é a biografía de Aníbal Otero Álvarez (1911-1974), filólogo que, en 1936, era, ós 25 anos, o lingüista máis versado no galego vivo e o de formación cientificamente máis moderna como fonetista, dialectólogo e lexicógrafo. Tamén era un excelente e apaixonado coñecedor do romanceiro da tradición oral. Como fonetista foi, ademais dun pioneiro, un mestre.Pero o verán do 36 tronzou, en boa parte, a súa vida profesional cando o 5 de agosto, en Valença do Minho, foi detido, ilegalmente, pola Policía portuguesa, que o entregou, abouxado e inerme, ás autoridades militares de Tui, que, sen lexitimidade política, asumiron unha detención ilegal, unha especie de secuestro. Días antes, Aníbal Otero entrevistaba os "camponeses" do norte de Portugal como colaborador do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica, el que, meses antes, investigara os cincuenta e tres puntos do mapa idiomático de Galicia. Logo vén o calvario dun infame proceso xudicial, a solicitude de pena de morte por parte do fiscal, unha longa condena e cinco anos de prisión en cinco cadeas distintas.Cando, nos anos cincuenta, Aníbal Otero volve á actividade lingüística, faino con dificultades, con limitación de medios científicos e con moi poucos azos. Aníbal Otero está dentro das coordenadas da lingüística española nos anos da Guerra Civil e nos primeiros da posguerra, esquema no que tamén se moven os seus dous grandes mestres: Ramón Menéndez Pidal (nunha especie de exilio interior) e Tomás Navarro Tomás (no exilio exterior, ergueito sempre na belixerante dignidade de quen proclamaba que non "amnistiaba a Franco").

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499141985

Idioma: Gallego

Número de páginas: 416
Tiempo de lectura:
9h 55m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 08/02/2011

Año de edición: 2011

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Biografía

Alto: 22.5 cm
Ancho: 15.0 cm
Grueso: 3.0 cm
Peso: 624.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xesús Alonso Montero


Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), filólogo, ensaísta e polígrafo, catedrático emérito da USC e doutor honoris causa pola UNED, foi presidente da Real Academia Galega (2013-2017). A súa ampla obra abrangue distintos campos temáticos, entre as que se poden salientar: Informe –dramático– sobre la lengua gallega (1973), As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane (1994), Oteriana (Galaxia, 2000), Curros Enríquez no franquismo (1936-1911) (2003), Laio polo irmán ausente. Castelao no epistolario de Otero Pedrayo e outras voces (Galaxia, 2006), A batalla de Montevideo (2003), Os escritores galegos ante a Guerra Civil española. 1936-1939 (Galaxia, 2001), Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega (Galaxia, 2009) Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo (2011, Premio Losada Diéguez, 2012) e Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio (Antoloxía poética) (Galaxia, 2022).
Descubre más sobre Xesús Alonso Montero
Recibe novedades de Xesús Alonso Montero directamente en tu email

Opiniones sobre ANIBAL OTERO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

(1) comentario

5/5

(1)

(0)

(0)

(0)

(0)


Ordenar por:

1 opiniones de usuarios


Ramon

09/05/2022

Tapa blanda

Muy interesante. Lo he leído con mucho interés. Su autor fue profesor mío y le guardo un gran recuerdo y cariño. En Lugo dejó una huella inmaculada. Este libro fue para un Alumno de Don Xesús que tuvo uno lo prestó y no se lo devolvieron y ahora disfruta de él nuevamente. Yo adquirí el libro cuando se editó. Conocí a su esposa e hijo y disfruté de su amistad. Gente en quién confiar.


Ver todas las opiniones (1)

Los libros más vendidos esta semana