📗 Libro en gallego ANTÍFONA DA CANTIGA

Editorial Galaxia, S.A. - 9788491515777

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de ANTÍFONA DA CANTIGA

En 1951, Ramón Cabanillas inaugura o camiño de Editorial Galaxia con Antífona da cantiga, que en edicións posteriores se titulou Cancioneiro popular galego (1973), selección de case novecentas cantigas populares que se trazou“atendendo á beleza do pensamento que a copla desenvolve, á novidade das verbas e á enxebreza dos xiros e modismos”, que recolle“con querenza de bo amor e xeito garimoso de horteiro, as herbiñas e rosas recendentes dos cantares”.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788491515777

Idioma: Gallego

Número de páginas: 190

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 10/12/2020

Año de edición: 2020

Plaza de edición: Vigo

Colección:
Biblioteca Nós

Número: 9
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Ramón Cabanillas


Ramón Cabanillas Enríquez (Fefiñáns, Cambados 1876-Cambados 1959) foi un dos poetas primeiros en lingua galega do século XX. Con trinta e catro anos emigrou á Habana, onde residiu entre 1910 e 1915 e publicou os seus dous primeiros poemarios No desterro (1913, Xerais 2009) e Vento mareiro (1915, Xerais 1995). De volta a Galicia, traballou como funcionario de varios concellos e coñeceu a loita agrarista. O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente n' A Nosa Terra. En 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega, onde leu o discurso titulado "A saudade nos poetas galegos" e en 1929 da Real Academia Española, onde ingresou cun ensaio sobre Eduardo Pondal. Durante os anos vinte publicou Da terra asoballada (1926, Xerais 1994) e as novas edicións dos poemarios publicados na Habana. A instancias de Antón Vilar Ponte, escribiu as pezas dramática A man de Santiña (1921, Xerais 1996) e a traxedia histórica O mariscal (Xerais 1996). En 1926 viu a luz o poemario Na noite estrelecida (Xerais 1988) onde, seguindo as teorizacións de Risco, Cabanillas reelabora mitos do ciclo artúrico que funcionen como símbolos produtivos. Porén, recuperou o lirismo intimista no poemario amoroso A rosa de cen follas (1927, Xerais 1992). Instalado en Madrid, o poeta atravesou un longo período de silencio que rompería a finais da década de 1940 con Camiños no tempo. Comezou entón unha nova etapa en que viron a luz Antífona da Cantiga (1951), Da miña zanfona (1954), Versos de alleas terras e tempos idos (1954) e Samos (1958, Xerais 2009), o seu derradeiro libro publicado en vida. Os catedráticos Xosé Ramón Pena e Xosé María Dobarro, con motivo do 50 aniversario do pasamento do poeta, reuniron a súa obra poética no volume Poesía galega completa (Xerais 2009).
Descubre más sobre Ramón Cabanillas
Recibe novedades de Ramón Cabanillas directamente en tu email

Opiniones sobre ANTÍFONA DA CANTIGA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana