As augas frías e ameazadas da praia dos Muíños, en Area Maior, onde Galiza se finisterra, son escenario dunha importante batalla pola defensa do mar e dos seus habitantes. Este libro é unha fermosa metáfora da loita por outro mundo posible, onde triunfe a xustiza, a solidariedade e a conservación da natureza.As augas frías e ameazadas da praia dos Muíños, en Area Maior, onde Galiza se finisterra, son escenario dunha importante batalla pola defensa do mar e dos seus habitantes.Adrián, o cangrexo ermitán, o polbo don Paulo, o berberecho Lucho, a ameixa Rosalinda, Simón o mexillón, o centolo Camilo, a maragota Lola, e tantos outros, resístense a vivir en areasavoltas e augas toldadas, baixo a eterna ameaza dos Bocatorta, e deciden organizar unha insurrección que dan a coñecer a través da Declaración da Praia de Area Maior.
Ficha técnica
Ilustrador: Marcela Santorun
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788483029084
Idioma: Gallego
Número de páginas: 120
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 28/11/2002
Año de edición: 2002
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - A LETRA DORMENTE
INFANTIL E XUVENIL - A LETRA DORMENTE
Alto: 22.5 cm
Ancho: 12.0 cm
Peso: 213.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por MANUEL M. BARREIRO
Manuel M. Barreiro (Manuel Martínez Barreiro)(Caracas, 1961)é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Actualmente traballa como coordinador de edición en Edicións Xerais de Galicia. Autor de numerosos ensaios, artigos e libros sobre historia contemporánea, con Area Maior (Xerais 2002) debuta no ámbito da narrativa.