A poesía nunca debe gañar aos puntos. A poesía que paga a pena ler é coma eses marrazos de dereita que varren o sentido, ou te secuestra impedindo que fagas cousa ningunha que non sexa fatigar un verso tras outro ou se non é ganga desaproveitable.
E sa vertixe do aviador en caída libre foi a que sentín cando lin As cicatrices do Sol. A buxola virou tola, como se o norte magnético da agulla crítica decidise converterse nun dervixe en transo e non importase nada que non fose o arrebato da poética visionaria, a forza descomunal das imaxes roxas coma brasas que palpitan, ardentes, nos versos de Luís Valle.
Hai neste libro derregos ocultos que só vence a tenacidade. Unha álxebra simbólica tece arredor do poema unha mesta arañeira de significantes implementados, que apuntan en múltiples direccións de sentido. A cifra do que se di ancora nunha sistemática transinterpretativa que escurece a hermenéutica convencional.
Todo o que se di pecha e abre círculos nunha espiral que metamorfosea en cinta de Moebius para soldar o multiverso da escrita.
Ficha técnica
Editorial: Sotelo Blanco Edicions
ISBN: 9788478246465
Idioma: Gallego
Número de páginas: 67
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 09/05/2015
Año de edición: 2015
Especificaciones del producto
Escrito por Luís Valle
Luís Valle (Lugo, 1977), poeta. É autor de «Zigurat» (2001), «Epitafio y corona para Manuel Quiroga» (2007), «A caída» (2009, Premio Afundación), «Fedor» (2011, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón), «Caderno do mendigo» (2011), «As cicatrices do sol» (2015, Premio Manuel Lueiro Rey), «Trona, o merlo» (2015), «Para que eu beba» (2017), «Óstraka» (2019), «Causa de nieve» (2021), «Alianza» (2022), «As asuras» (2023), «Fiebre» (2025), «Insomnia» e «Somos» (Xerais, 2025).