📗 Libro en gallego AS CIDADES MERGULLADAS (POESIA REUNIDA 1973-2002)

POESÍA REUNIDA 1973-2002

Edicións Xerais - 9788497820646

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de AS CIDADES MERGULLADAS (POESIA REUNIDA 1973-2002)

Este volume recolle e reoordena a produción poética de Xosé Miranda nos case últimos vinte anos. Prologado por Darío Xohán Cabana, reune os nove libros de poemas escritos polo autor dende 1973 ata a actualidade: «Lenta luz dos lousados» (1973-1982); «Amantes e viaxeiros» (1984), premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1995; «Carozo azul» (1985), accésit do premio González Garcés 1996; «Vésperas de min mesmo» (1986); «Sonetosfera» (1993), accésit do premio Esquío 1995; «Se parte a miña alma» (1994); «Permiso para o corso» (1995), premio Esquío 1996; «Escondida senda» (1997); «Inverno e outras ausencias» (1998-2002).
Para Darío Xohán Cabana «o presente é un libro necesario, un libro composto de libros, ou por mellor dicir, dos capítulos que foi escribindo despaciosamente un poeta case clandestino, un poeta certamente estraño –por ser estraño, ata non é profesor de Literatura, senón de Bioloxía, cousa que ben se nota en moitos dos seus versos–. Un poeta que de repente emerxe á consideración xeral cunha obra non só estensa, senón especialmente intensa, cunha sensibilidade dolorosa e pouco amable. Un poeta co que loitamos a brazo partido, e que pode mancarnos, que o máis probable é que nos manque.» Un volume esencial que recolle aos dous Mirandas poéticos. Aquel primeiro, que iría desde 1973 a 1986, de «Lenta luz nos lousados» a «Vésperas de min mesmo», o Miranda que ama especialmente o verso libre, “música composta sobre os pés esenciais dos máis

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497820646

Idioma: Gallego

Número de páginas: 392

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 09/10/2003

Año de edición: 2003

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - ALTERNATIVAS - Poesía

Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 3.0 cm
Peso: 501.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé Miranda


Xosé Miranda Ruíz (Lugo, 1955). Licenciado en Bioloxía. Profesor de bacharelato no Instituto Xoán Montes de Lugo. Narrador e poeta. Especialista en literatura de tradición oral. Como poeta ten publicado: Sonetosfera (1996), accésit do Premio Esquío 1995; Andantes e viaxeiros (1996), Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1995; Carozo azul (1997); Permiso para o corso (1997), Premio Esquío 1996. A súa poesía está reunida no volume As cidades mergulladas. (Poesía reunida 1973-2002) (Xerais 2003). Como narrador deuse a coñecer co relato Na terra sombría (1988), Premio Modesto Figueiredo; foron as súas obras posteriores: Historia dun paraugas azul (Xerais 1990, 2006), Premio de novela García Barros; A biblioteca da iguana (Xerais 1994, 2006), relatos; A neve e a cadeira (1994), relato longo; A tres bandas (Xerais 1995), novela policíaca; Vestío (1995, Xerais 2008), novela; Partenoxénese (1995), Premio de narrativa fantástica Xenciana, 1994; O demo á orella (Xerais 1996), relatos; «Seis medos» en Antoloxía do conto galego de medo (1996); Morning star (1998), Premio Xerais de novela; Infancia e desventura de Lino Carrán (2000), novela, Ariadna (Xerais 2002), novela; Pel de lobo (Xerais 2002), novela, Premio Merlín 2002; o relato "Tarxeta vermella" publicado en Materia prima (Xerais 2002) e Tarxeta vermella (Xerais 2003), relatos. Os seus contos de medo están recollidos nos volumes Triloxía pánica (Xerais 2000) e As mans do medo (Xerais 2007). Como autor de literatura infantil publicou: Lúa e os nubeiros (2000), O coello Federico (2000), Feitizo (Xerais 2001), Álvaro e Álvaro (Xerais 2004), Federico na silveira (Xerais 2006), ''Amancio Amigo e o meigo de Salamanca'' (Xerais 2006) e "Amancio Amigo e o Demo da Botella" (Xerais 2008). Tamén é coautor xunto con Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba do Diccionario dos seres míticos galegos (Xerais 1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral. Así mesmo é co-autor dos volumes Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega (Xerais 2001), Pequena mitoloxía de Galicia (Xerais 2001), Cando os animais falaban (Xerais 2002), Antoloxía do conto galego de tradición oral (2002) e Arrepíos e outros medos (Xerais 2004) e A flor da auga (Xerais 2006), ambos os dous volumes pertencentes á serie "Lendas de Galicia".
Descubre más sobre Xosé Miranda
Recibe novedades de Xosé Miranda directamente en tu email

Opiniones sobre AS CIDADES MERGULLADAS (POESIA REUNIDA 1973-2002)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana