📗 Libro en gallego COLMEIRO POR SI MESMO

Edicións Xerais - 9788499148328

Pintores y escultores Artistas contemporáneos

Sinopsis de COLMEIRO POR SI MESMO

O pintor Manuel Colmeiro (1901-1999) é unha figura cume do Movemento Renovador da Arte Galega, xunto con Maside, Torres, Souto, Laxeiro, Eiroa e Fernández Mazas. Tamén é un protagonista indiscutido da «École Espagnole de Paris», que agrupa creadores como Picasso, Dalí, Miró, Gris, Bores etc., cos que participou en numerosas mostras.Colmeiro non só contribuíu a un novo xeito de interpretar a «estética do granito», fundindo a tradición e a etnografía galegas coas linguaxes vangardistas europeas, senón que aportou unha nova maneira de entender a pintura-pintura, por riba da estrutura narrativa, sendo así un dos primeiros cultivadores da abstracción en España.O pintor estivo exiliado primeiro en Bos Aires e despois en París. As numerosas mostras individuais en prestixiosas galerías de arte e institucións españolas e francesas tiveron o seu colofón na antolóxica que lle dedicou o Museo Español de Arte Contemporáneo en Madrid en 1983, que marcou o seu retorno definitivo a España.Colmeiro por si mesmo acolle tres reveladoras conversas co artista, feitas a finais da década de 1980 por Xosé Antón Castro e Carlos G. Reigosa. Nelas, Colmeiro descobre as claves da súa vida e da súa obra, ao tempo que define a natureza do seu compromiso político e da súa linguaxe creativa, tan galega e tan universal.O pintor Manuel Colmeiro (1901-1999) é unha figura cume do Movemento Renovador da Arte Galega, xunto con Maside, Torres, Souto, Laxeiro, Eiroa e Fernández Mazas. Tamén é un protagonista indiscutido da «École Espagnole de Paris», que agrupa creadores como Picasso, Dalí, Miró, Gris, Bores etc., cos que participou en numerosas mostras.Colmeiro non só contribuíu a un novo xeito de interpretar a «estética do granito», fundindo a tradición e a etnografía galegas coas linguaxes vangardistas europeas, senón que aportou unha nova maneira de entender a pintura-pintura, por riba da estrutura narrativa, sendo así un dos primeiros cultivadores da abstracción en España.O pintor estivo exiliado primeiro en Bos Aires e despois en París. As numerosas mostras individuais en prestixiosas galerías de arte e institucións españolas e francesas tiveron o seu colofón na antolóxica que lle dedicou o Museo Español de Arte Contemporáneo en Madrid en 1983, que marcou o seu retorno definitivo a España.Colmeiro por si mesmo acolle tres reveladoras conversas co artista, feitas a finais da década de 1980 por Xosé Antón Castro e Carlos G. Reigosa. Nelas, Colmeiro descobre as claves da súa vida e da súa obra, ao tempo que define a natureza do seu compromiso político e da súa linguaxe creativa, tan galega e tan universal.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499148328

Idioma: Gallego

Número de páginas: 176

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 16/04/2015

Año de edición: 2015

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Conversas

Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.5 cm
Grueso: 1.5 cm
Peso: 409.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Carlos González Reigosa


Carlos G. Reigosa (A Pastoriza, 1948). Licenciado en Ciencias da Información e Ciencias Políticas. Xornalista e membro do Consello Asesor da Fundación del Español Urgente (Fundeu). Como narrador ten publicadas as seguintes obras: "Oxford, amén" (1982, Xerais 2006), novela; "Homes de Tras da Corda" (Xerais 1982, 2000), relatos; "Crime en Compostela" (Xerais 1984, 2005), Premio Xerais de novela; "As pucharcas da lembranza" (Xerais 1985), relatos; "Irmán Rei Artur" (Xerais 1986, 2000), relatos; "O misterio do barco perdido" (Xerais 1988, 2005), novela; "Os outros disparos de Billy" (Xerais 1991); "A guerra do tabaco" (Xerais 1996, 2005), novela; "Narcos" (Xerais 2000), novela, Premio Benito Soto 2001; "Intramundi" (Xerais 2002), novela; "Pepa A Loba" (Xerais 2006), novela; "A vida do outro" (Xerais 2009), novela, Premio Gonzalo Torrente Ballester 2008; "A lei das ánimas" (2010), novela; "Tras da Corda" (Xerais 2012), relatos; "A vitoria do perdedor" (Xerais 2013), novela; "A vinganza do defunto" (Xerais 2014), novela, e "Segredos de Bretaña" (Xerais, 2016), novela. Publicou o libro de poemas "Kid salvaxe" (Xerais 2014) e a obra de teatro "A soidade do asasino" (Xerais 2018), ademais de varios libros de investigación e ensaio xornalístico, entre eles, "Fuxidos de sona" (Xerais 1989), reportaxe; "Doutor Livingstone, supoño" (Xerais 1998), ensaio; "O regreso dos maquis" (Xerais 2004), reportaxe; "Laxeiro por si mesmo" (Xerais 2008), conversas; "A agonía do león" (Xerais 2011); "A Galicia máxica de García Márquez" (2009, Xerais 2013); "Colmeiro por si mesmo", escrito en colaboración con Xosé Antón Castro (Xerais 2015) e "A morte de Valle-Inclán", en colaboración con Javier del Valle Inclán e José Monleón (Xerais, 2016).
Descubre más sobre Carlos González Reigosa
Recibe novedades de Carlos González Reigosa directamente en tu email

Opiniones sobre COLMEIRO POR SI MESMO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana