📗 Libro en gallego COLUMNAS DE PAPEL 2 (1993-2012)

EDICIONS MORGANTE - 9788415166528

Comunicación Periodismo

Sinopsis de COLUMNAS DE PAPEL 2 (1993-2012)

Columnas de papel recolle unha escolma dos artigos publicados por Xosé Vázquez Pintor na prensa galega ao longo de 25 anos, dende 1987 a 2012, aínda que moitos deles seguen de actualidade. O primeiro volume, titulado Columnas de papel. A lingua e outras vidas, publicado en 2013, incluía unha selección de artigos publicados entre 1987 e 1993. Este segundo volume completa a escolma Columnas de papel ao reunir as súas colaboracións en prensa entre os anos 1993 e 2012, nas páxinas de A Nosa Terra, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Sermos Galiza e Vieiros. A actividade xornalística en galego de Vázquez Pintor remóntase ao ano 1970, nas páxinas de El Ideal Gallego. Pero é a partir de 1987 cando o autor colabora de forma habitual con diferentes medios: A Nosa Terra, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Diario 16 de Galicia, Diario de Pontevedra, Diario de Ferrol, Vieiros e TV do Morrazo, entre otros.

Ficha técnica


Editorial: Edicions Morgante

ISBN: 9788415166528

Idioma: Gallego

Número de páginas: 362
Tiempo de lectura:
8h 37m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 09/05/2014

Año de edición: 2014

Plaza de edición: Es

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé Vázquez Pintor


Xosé Vázquez Pintor naceu en Melide (A Coruña) o 30 de novembro de 1946 e reside en Cangas desde o ano 1972. É autor dunha extensa obra literaria que abrangue a narrativa, a poesía, o ensaio, o xornalismo e a literatura infantil e xuvenil. Foi fundador dos grupos de Teatro Amador Ancoradouro-Mimo e Casa da Bola. No ámbito da narrativa publicou De ida e volta (1975), Lume de biqueira (Xerais, 1999), Quen faga voar (Premio Carvalho Calero, 2000), A memoria do boi (Xerais, 2001, Premio Torrente Ballester e Premio da Crítica Española), Mar de bronce (Xerais, 2003), Para dicir abril (Premio Cidade de Ourense, 2007), Máis vidas (2009) e Antípodas (Xerais, 2015). Como poeta destaca por Gándaras (1971), O espertar tamén é noso (1977), Ofidios de diario (Premio Eduardo Pondal, 1984), Na vertical da noite (Premio Cidade de Ourense, 1989), No corazón mancado (1989), Rotación violeta (1996), Banzados (2000) ou Seara (obra poética 1971-2011). Como autor teatral publicou, entre outros, A parroquia (finalista do Premio Abrente), A fraga encantada (1987), Sala de espera (1990), A sombra da memoria (1999), Teatro do patacón-Os pés do vento (2008). Como ensaísta destacan Os vellos oficios (Xerais, 1996), A tribo sabe (Xerais, 1999), Tal era vivir (Xerais, 2004) e A Terra do Medio (2009).
Descubre más sobre Xosé Vázquez Pintor
Recibe novedades de Xosé Vázquez Pintor directamente en tu email

Opiniones sobre COLUMNAS DE PAPEL 2 (1993-2012)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana