Vigo de Galicia, días de outono do ano 2001. O neto de Anxo Vilariño Enríquez agradece a memoria do avó, incondicional afeccionado, socio soñador dun Celta galego e campión. O rapaz escoita, en necesarias horas de garda e de terapia para o ancian, a grande novela historica, utopica do futbol galego...Bobi Vilanova Castro era o mais novo. Acababa de se incorporar, con a penas dezanove anos, o primeiro equipo do Celta de Vigo, que dirixia o severo adestrador aleman Lav Zilay, un vello triunfador do futbol europeo. Daquela o Celta formaba con Dominguez, na porteria; Pretinha, o lateral dereito que chegara do Botafogo Gaula, Rodri e Garces na defensa; Outes, Kristopher o internacional dinamarques, Kaisser e Manriquez na media; e Djuva -a estrela do equipo, o goleador esloveno- e Rodobam na dianteira. Un equipo que o presidente Santalo preparara a golpe de talonario para participar nas competicions europeas. Bobi dera un chimpo sorprendente dende a terceira a primeira division da liga de futbol profesional; el, soamente el representaba a canteira dos campos da Madroa e de Coia. Bobi andaba fino, era listo coma un allo, roubaba, servia, tocaba con aquel xeito seu, o pe acariñando a pelota, era un estilista. O responsable do seu ascenso, Xaime Barreiro, o humilde adestrador dos equipos xuvenis de base, dixolle ao seu neniño de diamante, camiño da entrevista co presidente: Bobi, acordate, paseniño e con humildade, non deixes que che suban os goles a cabeza. Asi arranca Lume de biqueira, a apaixonante novela historica do futbol galego, a utopica historia dun Celta que aposta decididamente polos valores da sua canteira. Xose Vazquez Pintor sorprendera con Lume de biqueira, a sua primeira novela escrita e publicada, na que recrea con fidelidade e paixon as intimidades do mundo do futbol, dende o profesional no que incorpora o protagonista, ata o futbol base que manexa con paixon e compromiso Xaime Barreiro, o heroe desta fermosa historia, na que permanece sempre como contrapunto a ilusion e paixon diaria dos milleiros de seareiros celestes. Lume de biqueira atraera a moitos lectores pola orixinalidade de converter o futbol en materia narrativa, pola emotividade e interese das suas tramas, pola fluidez dunha escrita, pola utilizacion dunha lingua axil, innovadora
Ver más